O V Torneo Termas de Cuntis cita a 600 xogadores na Ran

O V Torneo Termas de Cuntis cita a 600 xogadores na Ran
Diario de Arousa-2018-06-09-041-dfdb3350

Esta fin de semana celebrarase o “V Torneo de Fútbol 8 Termas de Cuntis” no campo municipal de A Ran de Cuntis, que este ano conta coa participación de 40 equipos galegos integrados por 600 xogadores. Nesta edición participan rapaces na categoría  biberón, que inclúe a nenos de menos de seis anos, prebenxamín (6 e 7 anos), benxamín (8 e 9) e alevín (10 e 11).  A competición, que se celebra hoxe e mañá en horario de 10 a 20 horas, está organizada polo Atlético Cuntis e o balneario Termas de Cuntis, e conta co patrocinio do Concello de Cuntis e a Deputación de Pontevedra. 
Os equipos participantes proceden de Santiago, Milladoiro, Bertamiráns, A Estrada, Lalín, Silleda, Valga, Noia, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Vilagarcía, Vilanova, Pontevedra, Meaño, Moraña, Cangas e Cuntis. Hoxe é o turno das categorías de prebenxamín e benxamín e o domingo biberón e alevín. 
Os organizadores esperan superar os dous mil espectadores da pasada edición, ademais de aspirar a converter o evento na referencia anual da canteira galega de futbolistas. Ademais, agradece a súa colaboración a Termas de Cuntis, Concello de Cuntis, Deputación de Pontevedra, PC Cuntis, FGF, e aos pequenos comercios de Cuntis e A Estrada polo apoio económico e de material, ademais de recoñecer o traballo realizado por pais e nais en tarefas organizativas.
Os equipos gañadores de cada categoría recibirán medalla e trofeo e unha entrada para o acquaform do balneario para todo o conxunto. O segundo e terceiro clasificados terán medalla e trofeo e o cuarto clasificado e o primeiro e segundo de consolación recibirán trofeo. A maiores, os xogadores da categoría biberón levarán todos medalla pola súa participación (trofeos e medallas doados por talleres Elmacar). Haberá zona de xogos, con inchables, e festa da escuma ao final de cada día complementarán esta festa do fútbol na vila termal. A entrada é libre e gratuíta.

Illa Cup
O Céltiga leva a cabo esta fin de semana unha nova quenda da Illa Cup, que cumpre a décima edición. Hoxe xogan os equipos da categoría prebenxamín e mañá será o turno para os alevíns, tamén de fútbol 8. O Arosa biberón e o Vilagarcía benxamín foron os gañadores da primeira quenda. Colabora o Concello e a Deputación e o Céltiga disporá outra vez na instalación dunha carpa para dar comidas.

O V Torneo Termas de Cuntis cita a 600 xogadores na Ran

Te puede interesar