O XVI Torneo Santa Rita cita a 350 xogadores no Auditorio Municipal

O XVI Torneo Santa Rita cita a 350 xogadores no Auditorio Municipal
Diario de Arousa-2018-05-17-050-69b7cc12

Juanmi Doval, director deportivo da Fundación de Deportes, e Ángel Vilas, en representación do CX Fontecarmoa e da Federación Galega, presentaron onte o XVI Torneo Xadrez Semirrápidas Santa Rita 2018 que se leva a cabo esta fin de semana con tres probas. A quinta do XIII Circuito Promoción e o  IV Campionato Galego Lóstrego, que serán o sábado, e o VIII Campionato Galego de Rápidas, o domingo. 
A proba do Circuito Galego de Promoción dispútase para as categorías promesa, benxamín, alevíns e infantil por sistema suizo a sete rondas a partir das 11 horas no Auditorio Municipal. Haberá trofeos para os cinco primeiros de cada categoría, ademais de bebidas e obsequios para todos gracias á colaboración de McDonalds, Cervecería Andaina e Distribicións Lete.Tamén haberá sorteos de regalos.
Tamén o sábado, só pola tarde, será o IV Campionato Galego Lóstrego que se disputa polo sistema suizo a 9 rondas e reparte 510 euros en premios (150, 100, 100, 80 e 80 para os cinco primeiros). A inscricción é de 5 euros. “É un xadrez moi espectacular, con tres minutos por partida para cada xogador”, dixo Vilas, que agradeceu a implicación do Concello para coorganizar por terceiro ano consecutivos os autonómicos lóstregos e rápidas.
O domingo no Auditorio Municipal dispútase o VIII Campionato Galego de Rápidas, tamén organizado por Club Xadrez Fontecarmoa, Federación Galega de Xadrez, Xunta de Galicia e Fundación Deportiva Municipal Vilagarcía. Reparte 650 euros en premios entre os cinco primeiros (200, 150, 100, 100 e 100). “Son dez minutos por xogador máis 5 segundos por cada xogada que fagan, polo que tamén é moi vistoso”. 
Están inscritos preto de 350 xogadores, con 101 xogadores e 104 nos Galegos de Lóstrego e Rápidas. Destacan dos Grandes Mestres, o uzbeco Ibrahim Khamrakulov e David Lariño (campión de España), así como Mestres Internacionais Dan Cruz, Julio Suárez, Diego Espiñeira, Marcial García ou Fernando Sánchez.  Segue aberto o prazo para o de promoción, donde esperan uns 130 rapaces.

O XVI Torneo Santa Rita cita a 350 xogadores no Auditorio Municipal

Te puede interesar