A XXII Regata Toubes dá inicio á Copa de Galicia

A XXII Regata Toubes dá inicio á Copa de Galicia
Diario de Arousa-2018-05-17-041-697f863d

O Trofeo Almirante Rodríguez Toubes que terá lugar esta fin de semana entre Marín e Vilagarcía baixo a organización do Real Club de Regatas Galicia e da Comisión Naval de Regatas, dá inicio á Copa Galicia para Cruceiros ORC, que cumpre as súas vodas de prata este ano. En total serán catro probas no calendario dende maio a outubro con preto de 80 unidades que pelexarán polo título de clubs a ao longo de 175 millas náuticas. A XIX Regata Ramiro Carregal, os días 23 e 24 de maio, o XXX Regata Mar de Fisterra -Trofeo Pitusa Sabín, os días 30 de xuño e 1 de xullo, e o XXVI Regata Guardiamarina, os días 27 e 28 de outubro, completan o calendario.
A Escola Naval Militar de Marín acolleu o acto de presentación coa presencia da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, da directiva da Real Federación Galega de Vela, e das sociedades organizadoras e oficiais. El presidente da Federación, Manuel Villaverde, explicou que esta Copa reúne catro grandes regatas do calendario. Pola sua banda, Así, Jacobo Rey, responsable da Almirante Rodríguez Toubes no l Real Club de Regatas Galicia (a sociedade náutica más antiga de Galicia), animou a conseguir “unha numerosa participación” e desexou “bos ventos” á frota.
Marta Míguez recordou que Galicia é a segunda comunidade de España en quilómetros de costa e incidiu no bo momento do deporte da vela en Galicia: “Algo estamos a facer ben dede a Xunta e a Federación”, en alusión as 2.000 licencias que ten o organo federativo en Galicia.
Cabe destacar que a Regata Rodríguez Toubes tamén é puntuable para o Campionato Galego de Clásicos Agabace (Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época). Na primeira etapa do sábado, a frota parte ás 11:30 horas das inmediacións da Escuela Naval Militar en Marín e o final será en Vilagarcía (25,5 millas de recorrido tras pasar pola costa máis preto a La Lanzada). O domingo dispútase a segunda etapa, tamén de recorrido costeiro  pero en sentido inverso ao día anterior e con saída tamén ás 11:30 horas.

A XXII Regata Toubes dá inicio á Copa de Galicia

Te puede interesar