martes 19/1/21

A Banda Philarmónica do Salnés actúa este sábado no Auditorio

A Banda Philarmónica do Salnés volve este sábado a subir a un escenario arousán despois da súa primeira actuación hai xa uns meses en Valga. Nesta ocasión o lugar elixido por esta formación

A actuación será o sábado no Auditorio Municipal
A actuación será o sábado no Auditorio Municipal

A Banda Philarmónica do Salnés volve este sábado a subir a un escenario arousán despois da súa primeira actuación hai xa uns meses en Valga. Nesta ocasión o lugar elixido por esta formación de novo cuño é Vilagarcía e o concerto terá lugar o día 11 a partir das oito e media da tarde. A entrada terá un prezo simbólico de dous euros que, segundo os integrantes da Banda, se promove coa idea de que “este tipo de actuacións se dignifiquen”.
Un dos integrantes da agrupación, Xabier Bascoy, sinalou que o concerto terá unha duración aproximada de hora e media e que consistirá en duás partes diferenciadas. Na primeira delas interpretaranse dúas obras pouco coñecidas polo público. Bascoy explicou que se interpretarán temas populares de Rusia nunha peza moderna que data do ano 63. “É unha oportunidade para que os músicos se abran tamén a novas cousas e experimenten”, señalan dende a agrupación. Outra das pezas que se interpretarán será sobre música de nadal rusa nunha obra que foi composta en Estados Unidos no marco da segunda Guerra Mundial.
Na segunda parte do concerto os músicos interpretarán a Danza de Galanta Kodály e tamén terán un guiño ao concerto de Ano Novo de Viena.
O presidente da Banda, Santi Vázquez, sinalou que o de Vilagarcía non será máis que o primeiro dunha serie de concertos, dado que a súa idea é a de visitar diferentes vilas da comarca para darse a coñecer e mostrar así a súa música. Ademais, sinalaron que “temos tamén en mente promovernos máis en internet ou en plataformas como youtube interpretando temas que non son fáciles de atopar nestes medios”.

Comentarios