A Lei de recuperación da terra agraria está a mobilizar 9.300 hectáreas nun ano

A Lei de recuperación da terra agraria  está a mobilizar 9.300 hectáreas nun ano
A Administración galega busca desenvolver polígonos agroforestais como o de Cualedro

A Lei de recuperación da terra agraria de Galicia entrou en vigor o 22 de maio de 2021 e dende entón, cos diferentes instrumentos creados ao abeiro desta norma, estanse a mobilizar

máis de 9.300 hectáreas en toda a comunidade.

 

Así, deste total de hectómetros cadrados, 8.788 corresponden a polígonos agroforestais e

574 a aldeas modelo. Entre ambos instrumentos de recuperación estase a benefifi ciar a máis

de 9.600 propietarios de máis de 35.000 parcelas.

 

Estas iniciativas póñense en marcha en aplicación desta norma, co fifi n de recuperar grandes

espazos produtivos segundo o tipo de cultivo máis acaído ou de maior tradición en cada zona. O obxectivo é dinamizar o territorio e xerar actividade económica, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais.

 

Iniciativa pública

A día de hoxe, dos 21 polígonos de iniciativa pública existentes en Galicia, dez están xa iniciados e once atópanse en fase de actuacións previas. Os xa iniciados supoñen a recuperación de 4.114 hectáreas.

 

Así, os máis adiantados sonos de Cualedro e Oímbra, para os que xa se tramitou a declaración de utilidade pública. Nela establécense como usos e actividades admisibles para o polígono  de Oímbra os cultivos agrícolas de ciclo curto e a gandaría en extensivo, ademais de árbores froiteiras como actividade secundaria. No caso de Cualedro, establécense como actividades a gandaría en extensivo e os cultivos complementarios.

 

En outros seis acábase de aprobar a declaración de utilidade pública e de interese social, tras rematar os estudos de viabilidade, nos que se propoñen diferentes usos ou actividades para cada un deles, destacando os cultivos de horta, viñedo e forestal. Son os de Barzamedelle, en Leiro; Pousada, en Riós; Vences, en Monterrei; Solbeira, en Paderne de Allariz; Vilalén-Tomende, en Cerdedo-Cotobade, e Mandelos en Crecente.

 

Interese dos veciños

Cómpre matizar que a Xunta busca desenvolver polígonos en zonas nas que exista vontade e interese por parte dos propietarios e da xente do lugar afectado, xa que a Lei de recuperación

establece como un tipo de zonas preferentes para o desenvolvemento de polígonos agroforestais de iniciativa pública aquelas nas que desde o inicio se conta co acordo dos propietarios de máis do 70% da superfificie.

 

Por este motivo, o Goberno autonómico colabora coas distintas administracións locais co

fin de localizar ámbitos nos que se poida dar esta condición. Ao abeiro dos polígonos, reestruturaranse as parcelas para que teñan un tamaño sufificiente que garanta a rendibilidade en función dos cultivos, dando prioridade ás explotacións galegas

instaladas que demanden base territorial.

 

Tamén, no caso dos polígonos agroforestais de iniciativa pública, serán zonas prioritarias aquelas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas que presenten un abandono superior ao 50%; as áreas cortalume, que se delimitarán con criterios técnicos co fin de xerar descontinuidades da biomasa que freenou atenúen o avance dos incendios mediante a implantación da actividade agrícola, gandeira ou forestal; aquelas nas que se acredite a disposición de compromisos de adhesión ao proxecto, que deberán supoñer unha superfificie mínima do 70% das terras incluídas no perímetro proposto do polígono agroforestal.

 

Entre as restantes zonas, darase carácter preferente ao desenvolvemento de proxectos de polígonos agroforestais cando concorran algunhas das tres seguintes circunstancias.

Primeiro, zonas de elevada aptitude agropecuaria delimitadas no catálogo de solos agropecuarios e forestais de Galicia que se atopen en situación de especial abandono.

 

 

O estudo de viabilidade do polígono de Santaia está a piques de rematar

 

O estudo de viabilidade do polígono de iniciativa pública de Santaia-Foxado, no municipio de Curtis, composto por 3.386 hectáreas y 6.161 parcelas, está a piques de estar rematado. Un estudo que tamén se acabará en pouco tempo é o de Remuiño, en Arnoia.

 

En este último caso a extensión da terra agrícola recuperada será de 224 hectómetros cadrados con 6.753 parcelas afectadas. Ademáis hai outros once polígonos nos que se ten iniciado un procedemento de actuacións previas.

A Lei de recuperación da terra agraria está a mobilizar 9.300 hectáreas nun ano

Te puede interesar