A plataforma polo centro de día de Rianxo reclama que sexa a Xunta a que leve a súa xestión

A plataforma polo centro de día de Rianxo reclama que sexa a Xunta a que leve a súa xestión
Membros do colectivo volveron concentrarse para reclamar o servizo | Chechu r.

Integrantes da plataforma que reclama a creación e posta en marcha dun centro de día en Rianxo volveron a dar mostras de que están dispostos a loitar o que faga falta para conseguir ese servizo para as persoas maiores do concello. Despois de que no 2017 se mantiveron pechados no salón nobre do consistorio municipal durante a friolera de 314 días, onte ao mediodía sumaron un novo domingo de concentración diante da Casa do Concello para reclamar que cumpran o que lles prometeron. “Nos queremos que a Xunta de Galicia leve a xestión, pois así será menos gravoso tanto para o Concello de Rianxo como para nós, que somos xente da rúa e non nos podemos permitir o desembolso que supón o pago desa prestación”, manifestou a súa voceira, Cheché Comojo.


Desde este colectivo manifestouse que unha das cousas que lles din agora no Concello, despois de cinco anos loitando polo centro de día, é que non reclamaron a subvención de 600.000 euros que o presidente da Deputación anunciou no 2017 que iba a conceder, coa metade para mercar un local e o resto para acondicionalo, “pero deixouna escapar”, recordaron. “E agora se nos di que “se vai a solicitar outra subvención da Fegamp e a Xunta por idéntico importe para mercar un local no que facer o centro de día, pero iso a nós non nos soluciona nada”,. Neste sentido, sinalan que eso lles pon o caramelo envelenado de que a Administración autonómica non vai levar a súa xestión, e eso non é o que queremos”, precisou Comojo. “Tamén se nos di nos plenos que van a facer estudos de viabilidade, pero eso é algo que non entendemos, pois cando se presenta un proxecto para un centro de día, como xa se fixo no seu día, está claro que debe incluilo e xa debía estar feito”.


Anunciou que os domingos ao mediodía vanse concentrar diante do edificio do Concello para seguir reclamando o centro de día, e que tamén aproveitarán cando veña un político, como fixeron coa voceira nacional do BNG, Ana Pontón, “para facerlles ver o que pasa”, indicaron, e engadiron que “volveremos ir ao Parlamento e a onde faga falta para ter o centro de día”. Polo de agora seguen indo de luns a domingo ao edificio do Liceo Marítimo, “pero o manexamos nos soliñas, xa que o Concello só nos deixa utilizalo”.

A plataforma polo centro de día de Rianxo reclama que sexa a Xunta a que leve a súa xestión

Te puede interesar