A actuación de “Palabras ruins” e o Mago Teto no Corgo celebrará o Día de Galicia

A actuación de “Palabras ruins” e o Mago Teto no Corgo celebrará o Día de Galicia
O Mago Teto estará hoxe na Praza do Corgo | CEDIDA

A Praza do Corgo acollerá hoxe ás 12 horas o xa tradicional acto institucional do Día de Galicia. Trátase do terceiro ano no que se se celebra este evento que pretende ser unha sinxela homenaxe pola celebración do Día Nacional da nosa autonomía.
Nesta ocasión contarase coa actuación de “Palabras Ruíns”, un proxecto cultural a cargo da escritora Iolanda Zúñiga e o guitarrista Pelu Vidal que se reúnen por primeira vez co fin de experimentar unha proposta poético-musical cuxo fin e mesturar e manter un diálogo entre as dúas creacións. Ademais do habitual discurso institucional, o acto será pechado pola interpretación do himno galego a cargo da Coral Polifónica de San Martiño do Grove.
Pero as actividades do Día de Galicia non quedan aí, xa que pola noite, a partires das 22.00 horas, tamén na praza do Corgo terá lugar a actuación do Mago Teto dentro do programa “Cultura no Camiño”. Nesta ocasión o Mago Teto visitará O Grove co espectáculo “Íntimo. A Viaxe da nosa vida”. Unha proposta que se describe como “unha viaxe, seguramente iniciática, na procura e esencia da maxía”. Aínda que pode ser que a esencia da maxia estea nas cousas máis pequenas que nos rodean, o que pasa é que non o sabemos ver. ¿Atopará o mago Teto a esencia da maxia? Para sabelo haberá que acompañalo na súa viaxe.
O Mago Teto colleitou un notable éxito na súa actuación do pasado verán, polo se agarda repetir unha boa acollida por parte do público deste novo espectáculo na Praza do Corgo.l

A actuación de “Palabras ruins” e o Mago Teto no Corgo celebrará o Día de Galicia

Te puede interesar