Aragunde: “As grandes inversións viñeron co PP e volverán a vir co PP”

Aragunde: “As grandes inversións viñeron co PP e volverán a vir co PP”
Un momento do acto de presentación da candidatura do PP na Sociedade Cultural de Cambados | mónica ferreirós

Os populares de Cambados presentaron onte en sociedade a súa candidatura para a próxima cita municipal coas urnas. Unha lista de “xente moi preparada e referente nas súas parroquias”, manifestou o seu candidato á Alcaldía, Luis Aragunde, antes da cita. Co respaldo do seu presidente provincial, Alfonso Rueda, e Ana Pastor, situáronse como “a alternativa para que Cambados avance” porque se consideran o único partido con “capacidade” para impulsar novos e necesarios proxectos no centro urbano e nas parroquias que, segundo Aragunde, van someter a unha “transformación”. É máis, segundo o alcaldable: “As grandes inversións viñeron co PP e volverán a vir co PP”.

O programa electoral da proposta conservadora inclúe a modernización do paseo marítimo, a creación dun aparcamento de 300 prazas no casco urbano, a ampliación do polígono porque, “hai empresas interesadas en expandirse e outras en vir, pero non teñen solo disponible”, así como crear unha gardería no parque para dar servizo aos traballadores. Pero sobre todo, destaca a súa aposta pola “transformación” das parroquias, atendendo as necesidades de servizos pensados especialmente na infancia e no máis maiores.


O candidato popular asegurou que son “a única alternativa” para que a vila “avance” e defendeu o seu programa como “realizable” e o “único” con garantía de cumprimento. “Nós imos cumprir e cos demais partidos, os veciños non saben que programas se van facer porque van pactar e terán que elixir”, engadiu.

A súa alcaldía como aval
Aragunde pediu a “confianza dos veciños” tamén co aval dos seus anos ao fronte da Alcaldía, asegurando que demostraron a capacidade do PP para xestionar Cambados porque “conseguimos 20 millóns de euros en seis anos e coa maior crise económica da democracia”, destacou. Incluso foi máis aló, afirmando con rotundidade que “as grandes inversións viñeron co PP e volverán a vir co PP”.

Non faltaron as críticas ao cuatripartito ao que acusou de “gastar enerxías en liortas internas e non en atender aos veciños”. Así, unha vez máis, falou das listas de espera en Servizos Sociais ou da “odisea de conseguir unha sinxela licenza para retellar”, pero tamén da Festa do Albariño porque, na suá opinión, “perdeu proxección internacional” e os veciños “están cansos”, engadiu.

Por outra banda, o presidente provincial amosouse seguro de que o día 26 obterán un bo resultado porque “Luis Aragunde é a garantía dun goberno honesto, transparente e de proxectos en serio” para a capital do albariño. Tamén o calificou como “valent e dos que sempre dan a cara”, ademais de contar coa “experiencia necesaria e cun equipo preparado e listo para asumir responsabilidades dende o primeiro día”. l

Aragunde: “As grandes inversións viñeron co PP e volverán a vir co PP”

Te puede interesar