Arousa recibiu 168.102 euros en axudas para varios proxectos de índole veciñal

As comarcas de O Salnés e de Ulla-Umia recibiron, nas últimas dúas anualidades, ata 168.102 euros en axudas para proxectos de índole veciñal tramitados tanto a través dos concellos como das propias asociacións. As cantidades, promovidas dende Vicepresidencia da Xunta, están pensadas para investimentos específicos. O orzamento global que este departamento da Xunta destinou a este apartado ascende a un millón de euros e ten como finalidade contribuír a mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal para a realización de investimentos tanto de obra como de equipamentos variados.
Un total de 18 proxectos presentados dende diferentes concellos das comarcas do Salnés e de Ulla-Umia conseguiron apoio económico da Vicepresidencia. Así pois Meaño foi quen de ser subvencionado ao 100 % no subministro dun moble vitrina, proxector e pantalla eléctrica cunha axuda de 1.675,74 euros.
No caso de Caldas presentouse un proxecto de substitución de depósitos de formigón por depósitos de inox orzamentado nun total de 29.493,75 euros. Deles a Vicepresidencia da Xunta subvencionou 12.000 euros.
En Portas o departamento autonómico tamén colaborou activamente cunha axuda de 12.000 euros para proceder á mellora das instalacións da antiga casa do médico. Unha obra cuxo proxecto ascende a un total de 26.481 euros.

Varias iniciativas
O certo é que as propostas veciñais financiadas a través de Vicepresidencia da Xunta abranguen marcos de actuación moi variados. En Moraña foron varios os proxectos que contaron coa axuda da administración autonómica. Un dos máis importantes é o da rehabilitación e restauración do pilón de Paraños. Dous proxectos diferenciados orzamentados respectivamente en 11.948,51 euros e en 11.626,89 euros. Os dous foron financiados na súa integridade pola Xunta de Galicia.
     Na mesma localidade morañesa financiouse tamén a totalidade dun proxecto encamiñado á construción dunha pista de multideporte, orzamentada en 11.979 euros.
      A Vicepresidencia tamén aportou 3.109,57 euros para a compra de equipamentos de oficina en Moraña; nese mesmo concello destináronse 11.800,77 euros para a execución do valado e o acondicionamento dun parque recreativo. Este departamento autonómico tamén financiou a integridade dun proxecto encamiñado a dotar de equipamento a unha comunidade de usuarios, por un valor de 3.468,06 euros.
     A mellora do patrimonio local é un apartado no que os veciños apostan moito á hora de investir. É o caso da restauración de dous pilóns e a colocación dunha fonte na localidade morañesa por un importe de 11.992,03 euros. Tamén da adquisición de equipamentos para un local por 4.065,60 euros ou a dotación dunha balaustrada de pedra para a Carballeira do Souto por 11.906,40 euros.
     Vicepresidencia da Xunta destina tamén 11.970,53 euros do orzamento global para a tubería de auga e formación dunha caseta en Moraña, así como para a instalación de calefacción e televisión no local social para o que o departamento autonómico destina 5.000 dos 5.504,95 euros do proxecto redactado e presentado.
     A construción do parque biosaudable recibiu unha axuda de 7.562,50 euros, mentres que o cambio de tubería da auga na zona do Silvoso conseguiu unha aportación autonómica de 11.997,15 euros. O arranxo dunha fonte tamén recibiu unha aportación de 11.999, 99 euros e a construción dun muro e dunha canalización en A Barosela, 12.000. l

Arousa recibiu 168.102 euros en axudas para varios proxectos de índole veciñal

Te puede interesar