CAMBADOS-As Letras Galegas escríbense con nome propio na vila

CAMBADOS-As Letras Galegas escríbense con nome propio na vila
a entrega do x premio ramón cabanillas ao presidente da rag, xesús alonso montero

A capital do albariño foi onte a capital de Ramón Cabanillas. A vila nunca perde oportunidade de recordar a un dos seus veciños máis ilustres pero as celebracións do Días das Letras Galegas sempre levan o seu nome. Este ano non foi menos e o protagonista da xornada foi o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero,  que recibiu o premio anual dos libreiros nun concurrido acto na Xuventude. O catedrático de Fefiñáns, Francisco Fernández Rei, foi o encargado de introducir ao galardoado que se gañou os aplausos do público coa súas verbas de agradecemento.
O acto foi o broche de ouro dun día que arrancou no paseo da Calzada coa tradicional ofrenda floral e poética dos escolares, autoridades e familiares de Cabanillas diante do monumento ao “poeta da raza”. As condicións meterolóxicas non se portaron e houbo que trasladar as lecturas ao interior de Exposalnés, tamén desluciron a carreira dos institutos. Alí dentro, o principal protagonista foi o homenaxeado nas Letras deste ano, Roberto Vidal Bolaño. A organización incluso invitara a súa viúva –pero desculpou a súa ausencia por motivos de axenda– e puxo en escea un fragmento da súa obra “Criaturas”.
Os Carballeiras se encargaron de amenizar o evento que proseguiu no piso superior do centro, onde o alcalde, Luis Aragunde, e descendentes de Cabanillas descubriron o busto que presidirá esta sala a onde se trasladará esa parte do legado que gardan os seus familiares e que  non tería cabida física no seu museo. Non obstante, aínda tardará xa que falta por realizar a catalogación. Tamén estivo o autor, Lucas Míguez, quen explicou que o busto leva anos no seu taller, dende que se fixo a escultura sentada diante do Concello. “Era unha primera proba e hai un ano, o alcalde estivo no taller a viu e dixo que a querían”, explicou. Tratáse dunha reproducción en terracota do Cabanillas maduro, sendo xa escritor de éxito, que “mira cara o horizonte, buscando a inspiración”. Para o escultor, o máis importante de traballos coma este é reflexar o espírito da persoaxe e, unha vez máis, o logrou.

CAMBADOS-As Letras Galegas escríbense con nome propio na vila

Te puede interesar