A Asociación de Vehículos Clásicos de Monte Lobeira estréase cunha gran concentración en Vilanova

A Asociación de Vehículos Clásicos de Monte Lobeira estréase cunha gran concentración en Vilanova
Os amantes destes iconos sobre rodas desfrutaron onte dun día de ruta e exposición | gonzalo salgado

Os amantes dos automóbiles de época desfrutaron por todo o alto onte en Vilanova. A vila acolleu o VII Encontro de Vehículos Antigos Mirador de Monte Lobeira, carta de presentación da Asociación de Vehículos Clásicos homónima. Arredor de 150 automóbiles, coches, motos e ata un autobús antigo, déronse cita este domingo na localidade, nunha actividade que, dadas as dimesións e afluencia, optou esta vez por centralizarse no recinto da finca do Pazo Vista Real. Exposición, ruta, premios e aperitivos completaron unha xornada sobre rodas.

A Asociación de Vehículos Clásicos de Monte Lobeira estréase cunha gran concentración en Vilanova

Te puede interesar