O BNG renova a metade dos candidatos ás alcaldías e pon unha cara nova en Vilanova

O BNG renova a metade dos candidatos ás alcaldías e pon unha cara nova en Vilanova
Diario de Arousa-2015-04-19-010-ce8fa0e0

O BNG preséntase ás vindeiras eleccións cos novos candidatos para a metade das alcaldías dos concellos do Salnés e o de Catoira. Todos concorreron a anteriores sufraxios en diferentes postos das listas, excepto no caso de Vilanova, onde a militante Paula Villanueva someterase por primeira vez ás urnas.
A sede comarcal do Bloque, en Vilagarcía, acolleu onte a presentación dos seis homes e cuatro mulleres –ausentouse a caditada vilagarciana, María Villaronga, por motivos de saúde– cos que intentarán arrebatar os gobernos municipais en mans do PP e do PSOE. Cunha medida de idade de 35 anos e a maoiría con experiencia na política local, a súa elección vén do proceso de asembleas abertas que a coalición puxo en marcha con ocasión das próximas municipais. Segundo o responsable comarcal, Xoán Castaño, a través destas reunións abertas á cidadanía en xeral \“se incorporaron moitas persoas ás listas\”. De feito, nalgunhas vilas sumaron veciños que non militan nas súas siglas, como na Illa, onde só dous da lista teñen o carné.
As súas candidaturas misturan caras coñecidas con otras novas. Por exemplo, no municipio isleño dos 13 compoñentes, 11 acceden por primeira vez á lista e en Catoira hai oito entradas. Castaño lidera a desta vila e é un dos rostros coñecidos da proposta do BNG para a área de influencia do Salnés, mentres que en Vilanova, a militante Paula Villanueva tomára o relevo á histórica Carmela Alfonso. Será a primeira vez que concurra a uns comicios e deu o paso \“con ilusión e para dar o impulso que precisa este concello tras tantos anos de goberno do PP, coa promoción do emprego e a sanidade como temas prioritarios\”.
A nacionalista é veciña da parroquia de Tremoedo, ten 36 anos, é licenciada en Dereito Económio e reside e traballa en Vigo, pero \“nunca me desvinculei de Vilanova\”.
O resto de aspirantes ás alcaldías xa foron anteriormente nas listas, aínda que outros tres, ademais de Xoan Castaño, liderarán por primeira vez aos grupos municipais. En concreto, son María Villaronga (Vilagarcía), Heladio Outeiro (O Grove) e Vanessa Fariña (Ribadumia). En canto ao resto repiten Pilar Xiráldez (Meis), David Otero (Sanxenxo), Rodrigo Pazos (Meaño), Víctor Caamaño (Cambados) e Carlos Chaves (A Illa).
A presentación estivo respaldada por la deputada Montse Prado quen declarou que preséntanse como alterantiva \“ao cansancio da cidadanía dos gobernos do PP e do PSOE\” porque \“son cómplices necesarios das políticas da Xunta e do Goberno de Madrid\”. Asimesmo marcou algunhas das principais liñas do Bloque para O Salnés, estando no primeiro lugar a loita contra o desemprego que \“afecta a 14.000 persoas\” da comarca, destacando o mar e o agro para que \“non esmorezan e sexan xeradores de postos de traballo\”, ou a ampliación do Hospital do Salnés.

O BNG renova a metade dos candidatos ás alcaldías e pon unha cara nova en Vilanova

Te puede interesar