O BNG de Vilanova concorre ás urnas con caras novas como a da súa alcaldable, Noelia Valle

O BNG de Vilanova concorre ás urnas con caras novas como a da súa alcaldable, Noelia Valle
Diario de Arousa-2019-04-12-008-0d2b34ec

O BNG de Vilanova concorre ás próximas eleccións municipais cunha lista liderada por Noelia Valle Bemposta que asume o reto de loitar por unha Alcaldía “especialmente significativa”, pola hexemonía do PP. O fai con “moitas ganas” e como algo “lóxico, o raro sería non afrontalo porque os mozos e os nosos fillos somos os que imos sufrir, e sufrimos, as consecuencias da mala xestión” de anos de goberno popular, manifestou onte. 
Compareceu xunto ao responsable comarcal do Salnés, Manuel Domínguez e a totalidade da lista presentarase hoxe, ás 20:15 horas, no Pazo de Vista Real. Con todo, os nacionalistas avanzaron onte que será unha candidatura “equilibrada” coa entrada de xente moza, como a propia Valle e o número 3, o viticultor Jorge Deaño, e militantes con experiencia como o profesor Edelmiro Tourís, que irá de número 5 e xa foi en anteriores listas e que amosou a súa satisfacción pola entrada de “sangue nova” porque amosa que “hai futuro”.. Tampouco faltarán a concelleira e actual voceira, Manuela Portas, e a anterior candidata, Paula Villanueva, que dimitiu no último tramo do mandado por motivos persoais. Con todo, aos nacionalistas lles gustaría “motivar” a máis xente moza a participar activamente porque “incúmbenos a todos”, engadiu a alcaldable. 
Domínguez destacou que é a terceira vez que unha muller lidera o proxecto do  Bloque e da lista para o 26 de maio, suliñou a súa ilusión con Valle Bemposta ao fronte; unha moza de 31 anos, comercial de profesión e da parroquia de Tremoedo. O obxectivo da formación é gobernar o pobo polos veciños de Vilanova; un pobo “exemplo ‘fetén’ da política do PP baseada no desprezo ao adversario e unha xestión ruinosa cun alcalde que dá continuamente a nota”, engadiu o responsable comarcal.

O BNG de Vilanova concorre ás urnas con caras novas como a da súa alcaldable, Noelia Valle

Te puede interesar