Cambados aposta polos selos musicais da vila para o novo Serán de Troula

Cambados aposta polos selos musicais da vila para o novo Serán de Troula
O cartel do Serán de Troula foi presentado onte en Cambados | mónica ferreirós

En Cambados non todo vai ser Albariño, daí que o goberno local teña programado xa o cartel do xa recoñecido Serán de Troula. Unha iniciativa que vai xa pola súa terceira edición e que permitirá gozar de música en vivo e directo en varias prazas da localidad durante os xoves do mes de agosto. A proposta foi presentada onte polo edil de Xuventude, David Mesías, que destacou que con ela se busca dotar á mocidade da vila e dos arredores dunha alternativa de ocio.


Os concertos terán lugar os días 8, 15 e 22 de agosto. Todos serán ás nove da noite e gratuítos. Ademais das bandas convidadas as tres citas musicais teñen pinchadas a cargo de selos musicais locais. “É unha forma de dar a coñecer o traballo que se fai dende Cambados e para que sea visible”, explican dende a organización.


A primeira parada do Serán de Troula é o citado día 8 coa actuación da formación Juzz na Praza San Gregorio, no barrio de Triana. A banda ofrece un rock psicodélico e clásico coa búsqueda constante da liberdade nas súas creacións. A pinchada correrá a cargo do selo Fonosaurios.

A segunda cita do Serán é o día 15 na Praza de Alfredo Brañas. A banda convidada é Basanta que chegan a Cambados despois de percorrer varios festivais para ofrecer o mellor do seu álbum “Colorama”. A pinchada correrá a cargo do selo local Ulomanía Cooperativa.
A última cita do Serán está programada para o xoves día 22 na Praza do Castriño. Será tamén ás nove da noite e gratis. A actuación correrá a cargo de Mascada + The Bongo Club cuxa música está pegando forte en países europeos e que non vai deixar indiferente a ninguén. A pinchada para a fin de espectáculo é de B4 Project, herdeiros da arte da Galería Borrón 4 cambadesa.

As actuacións rematarán todas ás doce da noite coa idea, segundo o concelleiro de Xuventude, de respetar tamén a convivencia cos veciños.


O cartel do Serán de Troula foi elaborado polo cambadés Enmanuel Joven que apostou polo collage para una proposta dinámica e divertida.

Cambados aposta polos selos musicais da vila para o novo Serán de Troula

Te puede interesar