CAMBADOS-As librarías conceden o X Premio Ramón Cabanillas ao académico e escritor Xesús Alonso Montero

CAMBADOS-As librarías conceden o X Premio Ramón Cabanillas ao académico e escritor Xesús Alonso Montero
xesús alonso montero ante a sede da rag á que se presenta como candidato á presidencia

Un ano máis as librarías Ramón Cabanillas e Contos concederán o premio que leva o nome do ilustre cambadés e “poeta da raza”. Nesta ocasión, cando se cumpren dez anos do nacemento deste galardón, o elixido é Xesús Alonso Montero, escritor e académico da Real Academia Galega (RAG). De feito, encabeza a candidatura favorita para ocupar a presidencia desta institución que celebrará eleccións dentro de 11 días.

O acto de entrega do Ramón Cabanillas terá lugar o 16 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio da Xuventude, durante un evento no que ademáis haberá lecturas poéticas e unha actuación musical, como vén sendo costume.

 

traxectoria

Alonso Montero únese á lista de premiados polas librarías cambadesas –nos dous últimos anos elixiron a Maribel Iglesias e Emilio Ínsua– pola autoría da obra completa de Ramón Cabanillas, na Editorial Akal. Pero este escritor ten realizado e publicado estudos sobre outros autores galegos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Manuel Leiras Pulpeiro, Luis Pimentel  o Vicente Risco; e tamén de fala castelán, como Antonio Machado ou Valle-Inclán.

Natural de Vigo, pasou a súa infancia e adolescencia en Ventosela (Ribadavia), tamén é membro do Consello da Cultura Galega, catedrático de Literatura galega, ensaista, sociolingüista, poeta e conferenciante. Así, non só destacan a suas creacións literarias, tamén textos como “O porvir da lingua galega” ou o “Informe -dramático- sobre la lengua gallega”, de 1973.

Asimesmo ao longo da súa traxectoria escribiu libros de poemas, colaborou e colabora coa prensa galega, fixo recopilacións de textos e importantes colaboracións noutros ámbitos como a poesía popular e os poetas alófonos en galego, entre outros traballos. Una carreira que o ten feito merecedor doutros premios como o Julio Camba de periodismo ou “Galicia”.

CAMBADOS-As librarías conceden o X Premio Ramón Cabanillas ao académico e escritor Xesús Alonso Montero

Te puede interesar