En Cambados, a celebración das Letras Galegas é cousa de todo o ano

En Cambados, a celebración das Letras Galegas é cousa de todo o ano
Diario de Arousa-2019-05-16-013-bcacc794

O paseo da Calzada acolleu onte a tradicional ofrenda floral das Letras Galegas organizada pola Concellería de Cultura xunto aos centros escolares do municipio. Dúcias de nenos tomaron o emblemático espazo para rendir tributo ao homenaxeado deste ano, o historiador e escritor Antón Fraguas. De feito, non faltaron as lecturas dalgunhas das sús obras e a música tradicional nunha xornada que se estendeu ata a hora do xantar. 

A celebración comezou coa habitual ofrenda ante a escultura que Asorey creou na honra de Ramón Cabanillas porque para Cambados tamén é importante recordar a un dos literatos máis importantes e fillo da capital do albariño, o “poeta da raza”. Así, algúns dos seus descendentes e o concelleiro de Cutura, Víctor Caamaño, pousaron ramos diante do monumento. 

O acto adiantouse este ano un día da data habitual –a véspera das Letras– porque hoxe terá lugar a Carreira dos Institutos; unha proba deportiva na que participan os dous centros e onde se promociona o deporte e a convivencia, e a organización non quería facer coincidar ambas citas.

Continuación do programa 
O programa creado polo departamento de Caamaño para este ano continuará mañá cun concerto da Banda de Música de Castrelo, ás 12:30 horas, na Calzada; e ás 20:30 horas, no auditorio da Xuventude, poñerase en escena a obra “Pepa a Loba”. Ademais o día 19, Xironsa actuará no patio da oficina de turismo (Exposalnés) e non será todo. O 27, a Editorial Galaxia ofrecerá no auditorio “Canta a miña pedra” e o 31 terá lugar a actuación musical teatralizada “Un verso, un cantar” de Andrea Pousa e Bruxo Queimán”. Sen esquecer a primeira Feira do Libro; unha cita incluída no calendario oficial e que estenderá o programa ata xuño (celébrase do 19 ao 21) porque Cultura considera que as Letras Galegas son cousa de todo o ano.

En Cambados, a celebración das Letras Galegas é cousa de todo o ano

Te puede interesar