CAMBADOS-Chano Rodríguez: “As medallas non teñen importancia. É metal”

CAMBADOS-Chano Rodríguez: “As medallas non teñen importancia. É metal”
rodríguez saluda aos rapaces en peña gonzalo salgado

A caravana de Espello Deportivo fixo onte unha parada na capital do albariño co nadador paraolímpico vigués, Chano Rodríguez, que compartiu o seu tempo con escolares do colexio Antonio Magariños e dos institutos Ramón Cabanillas e Francisco Asorey.

O salón de congresos José Peña acolleu o evento que abriu o tenente de alcalde, Antonio Iglesias, e o actor Ruben Riós, quen deu paso a un vídeo sobre os éxitos deportivos do vigués no que, a maiores, se destacaba o emprego do galego como valor identitario no deporte. Rodríguez saudou aos rapaces, ansiosos por darlle a man e coñecer a súa experiencia olímpica e toda a súa traxectoria.

O deportista, nado en Cádiz pero vigués de adopción, suliñou ante os rapaces que as medallas “non teñen importancia porque non son máis que metal”; e que o que de verdade lle resulta gratificante dos seus éxitos é que se lle abren portas e tamén a posibilidade de falar coa xente sobre as súas experiencias persoais e competitivas, de maneira que pode contar como saír adiante fronte a adversidade emais a “non renderse nunca”.

A iniciativa Espello Deportivo forma parte da programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) para o ano 2013, do que é membro o Concello, que colaborou na organización.

CAMBADOS-Chano Rodríguez: “As medallas non teñen importancia. É metal”

Te puede interesar