Cambados homenaxea a María Victoria Moreno cunha lectura de gran participación

Cambados homenaxea a María Victoria Moreno cunha lectura de gran participación
Os actos tiveron lugar onte na Calzada, ante o Monumento a Cabanillas | g. salgado

O Paseo da Calzada de Cambados acolleu onte á tarde o primeiro dos actos centrais cos que a vila celebrará esta semana o día das Letras Galegas. Frente ao monumento a Cabanillas sucedéronse durante horas alumnos de diferentes centros educativos, asociacións, clubes deportivos, grupos políticos e veciños en xeral a fin de dar continuidade a unha lectura pública de textos de María Victoria Moreno, autora á que este ano se adican as Letras. 
Boa afluencia
A participación foi alta, tanto que houbo que eliminar boa parte da música que estaba previsto emitir entre cada quenda no atril. Iniciou o relato o concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, logo sucedido por membros de ANPAs, da Irmandade Xurista Galega, Cambados Tenis de Mesa, Xuven,  Futbol Gaélico, Con de Xido, directores de colexios e institutos,  Mulleres Rurais, asociación de cetreiros, estudantes, Protectora e personalidades como Ramón Caride e Pitusa Cabanillas, ademáis de políticos. Foron estes só algúns dos lectores no acto. l

 

Cambados homenaxea a María Victoria Moreno cunha lectura de gran participación

Te puede interesar