CAMBADOS-O PP acusa de interese partidista ao goberno por reiniciar o expediente de internacionalización do Albariño

CAMBADOS-O PP acusa de interese partidista ao goberno por reiniciar o expediente de internacionalización do Albariño
02/08/2012. 01 agosto 2012. Cambados. Inauguración de la LX Festa do Albariño. Las autoridades bautizaron el evento degustando vinos en las casetas, mezclándose con las decenas de personas que a esas horas ya llenaban el Paseo de A Ca

O PP de Cambados reprocha ao cuatripartito que iniciase desde cero o expediente para conseguir que o Albariño sexa Festa de Interese Internacional, cuando o goberno que presidían os populares deixara a súa propia tramitación a un só paso da obtención deste recoñecemento. 
Así o aseguraba onte o ex rexedor Luis Aragunde: “Como a maior parte do expediente está feito polo PP non lles vale e antepoñen os seus intereses políticos aos do Concello”, opina. “O expediente está iniciado e a maior parte do traballo está feito”, engade. É máis, defende que tan só restaba o acreditar dúas publicacións sobre a festa en medios   doutros países para completar as dez referencias editoriais necesarias, o último dos trámites pendentes. “Só queda un último esforzo para chegar ás dez e finalizar o expediente, porque o máis difícil xa está feito”, reiterou o conservador. E, por iso, anima ao cuatripartito a deixar a un lado a confrontación política “e se aproveite dos pasos que xa están dados para avanzar e conseguir esta declaración no menor tempo posible”. Sería ese “un logro de todos”. 
Desde o goberno actual xustifican o reinicio da tramitación en erros de procedemento e o PP defendíase onte dunha das críticas, sobre a memoria do proxecto. “Non só se presentou, senón que se completou xuntando un libro publicado en 2002, con motivo do 50 aniversario da festa, no que se acreditaba a orixe, a tradición e a repercusión que tivo ao longo de todos estes anos”, conclúen.

CAMBADOS-O PP acusa de interese partidista ao goberno por reiniciar o expediente de internacionalización do Albariño

Te puede interesar