CAMBADOS - O PP ve “xogo sucio” da oposición ao alterar carteis e pegar outros onde non se pode

O Partido Popular de Cambados criticou onte publicamente unha serie de accións “continuadas e lamentables” contra os carteis electorais da formación na localidade.
Os conservadores falan de “xogo sucio” xa que denuncian que “dende os primeiros días de pegada, gran parte dos nosos carteis electorais aparecen manchados con pintadas vexatorias, insultantes e calumnisoas” nos taboleiros habilitados para a colocación de carteis electorais. Dende as filas populares sinalan que “os restantes carteis dos outros grupos políticos aparecen limpos”. Dende o PP tamén quixeron sinalar que, noutros casos, “o espazo que nos corresponde nos taboleiros aparece ocupado por carteis doutras forzas políticas” Igualmente, detectaron “carteis doutros grupos pegados enriba dos nosos, no espazo que nos corresponde”, feitos que, indican, “non son aillados”.
Explican dende o PP que “non imos entrar nesta guerra”, porque o Partido Popular “non vai permitir que ningún dos seus membros ou simpatizantes incurra en actuacións contra as normas electorais”.
A maiores, aseguraron que o PP “é o único grupo político que está utilizando únicamente os espazos establecidos pola xunta electoral para pegar carteis. Os outros partidos empregan torretas do tendido eléctrico, valados e incluso os muros debaixo das pontes da vía rápida para colocar os seus”, o que ven como unha “falta de respecto á veciñanza”.
Por todo iso, fan un chamamento a todas as forzas políticas “para que instrúan a todos os seus militantes, simpatizantes e colaboradores de campaña nas normas de ornamento, e sobre todo nas boas prácticas democráticas”, conclúen.

CAMBADOS - O PP ve “xogo sucio” da oposición ao alterar carteis e pegar outros onde non se pode

Te puede interesar