Cambados ríndese á lectura de Rosalía de Castro na Praza do Concello

Cambados ríndese á lectura de Rosalía de Castro na Praza do Concello
_MG_8163_13245429

A Concellaría Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Cambados que dirixe o edil Tino Cordal celebrou onte un acto institucional aberto ao público no que se realizou a tradicional lectura popular da obra de Rosalía na praza do Concello de Cambados, á que se sumaron todas as persoas que o desexaron. Antes, leuse un manifesto asinado polo escritor Daniel Asorey centrado no fenómeno da emigración e do que significou para Galiza, cunha sociedade presente que segue a ter a esta muller do século XIX como un referente, porque como proclama o manifesto deste ano da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega, “é difícil imaxinarnos sen Rosalía, como é difícil alentar sen ar ou vivir sen auga”.

Cambados ríndese á lectura de Rosalía de Castro na Praza do Concello

Te puede interesar