O Concello involucra a trece asociacións en “Sanxenxo Fala” que enchen maio de actividades

O Concello involucra a trece asociacións en “Sanxenxo Fala” que enchen maio de actividades
Diario de Arousa-2018-04-29-016-0d3c6b2d

O Concello de Sanxenxo involucra a trece asociacións do municipio nas actividades que se van desenvolver con motivo das Letras Galegas no mes de maio.
A concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, Pazo Lago, presentou o proxecto xunto cos representantes dos distintos colectivos no Pazo Emilia Pardo Bazán.
Sanxenxo fala é un proxecto a desenvolver durante todo o mes de maio, coincidindo coa celebración das Letras Galegas.
Este programa coordinado pola Concellería é unha realidade gracias á colaboración e ó traballo dos trece colectivos do municipio, que se unen pola cultura e a promoción da nosa lingua. 
Unha administración ten implícita dentro da súa xestión diaria a promoción do uso da súa lingua, neste caso o galego. Ben é certo que o Concello de Sanxenxo de xeito transversal xa o está a facer pero cada máis é preciso concretar programas que teñan o galego como protagonista. Ademais desta aposta polo idioma, o goberno pretende facer partícipe e implicar a toda a comunidade. E, é así como xurde a idea de Sanxenxo fala. Un equipo de traballo que se unen para organizar actividades para todos os veciños e visitantes. 
Sanxenxo fala quere facer visible todos os programas e actividades, tanto organizadas polo Concello como polas diferentes asociacións, que teñen como protagonista o galego. Así o concerto pola lingua do verán, transfórmase en pequenos concertos elixidos polas agrupacións e presentes en todas as actividades. 
As asociacións que participan nesta programación son CCD Sanxenxo, Retesías de Portonovo, Soalleira de Dorrón, Ollares de Portonovo, Lembranzas, Abiñadoira, Os Gatiños de Portonovo, Asociación de Vecinos de Dorrón, Neen@s, Coro Parroquial de Noalla, Coral polifónica Santa María de Portonovo, Os Cruceiros de Vilalonga eAiriños da Lanzada.

O Concello involucra a trece asociacións en “Sanxenxo Fala” que enchen maio de actividades

Te puede interesar