O Concello reparte 1.000 exemplares de Os Bolechas falan de amor no Grove

O Concello reparte 1.000 exemplares de Os Bolechas falan de amor no Grove
responsable de Normalización Lingüistica, a psicóloga do CIM e o concelleiro de Igualdade onte durante a presentación | D.A.

Un total de 1.000 exemplares de Os Bolechas falan de amor de no Grove serán repartidos nestes días nos catro centros educativos de Infantil e Primaria do municipio. No libro de Pepe Carreiro, as coñecidas personaxes da saga desprázanse ata distintos puntos emblemáticos como a escultura dos mariñeiros, a Aldea dos Grobbit ou ao Museo da Salga para abordar a educación afectivo-sexual, as emocións e o respeto pola diversidade funcional e a orientación sexual. A iniciativa parte da Concellería de Igualdade, concretamente do Centro de Información á Muller, para abordar dunha forma lúdica e educativa temas de sensibilización e revención de violencia.

A obra foi presentada onte polo concelleiro de Igualdade, Quito Parada, a psicóloga do CIM, Liliana Barral e o responsable de Normalización Lingüística que colaborou activamente na iniciativa. Os coñecidos personaxes de Pepe Carreiro encárganse ao longo das páxinas do libro de desmontar a idea de amor romántico e aborda distintos aspectos sexual-afectivos. “Repartímolo agora porque así pode ser lido durante o Nadal coas familias e abordar distintas temáticas e logo ser tratado nas clases cos mestres”, explicou o edil. Liliana Barral destacou que a iniciativa é “froito dun traballo en grupo de todo o departamento do CIM, pero tamén do departamento de Normalización Lingüística. Un traballo entre compañeiros no que tamén colaborou Todogrove facilitándonos imaxes de distintos lugares.

A iniciativa é posible grazas a unha subvención sobre o Pacto de estado contra a Violencia de Xénero, pero non será a única proposta que ten prevista nos próximos meses o CIM. Téñense previsto celebrar mesas en distintos centros educativos a través de mesas e talleres para a prevención de violencia de xénero nos vindeiros meses.

O Concello reparte 1.000 exemplares de Os Bolechas falan de amor no Grove

Te puede interesar