Cultura programa concertos, folclore e contacontos no “Mes das Letras”

Cultura programa concertos, folclore e contacontos no “Mes das Letras”
A concelleira de Cultura, Sandra Fernández Agraso, durante a presentación da programación do Mes das Letras | d.a.

A concelleira de Cultura e de Normalización Lingüística, Sandra Fernández Agraso, presentou onte a programación deseñada polo seu departamento para maio, un mes que Sanxenxo converterá no “Mes das Letras” tratando de render un homenaxe permanente tanto a Carlos Casares como á lingua galega.

A programación arrincará este sábado cun concerto na Praza Pascual Veiga a cargo da Banda de Música de Sanxenxo e coorganizada pola Sociedade Musical de Sanxenxo.A programación continuará o día 13 de forma ininterrompida ata o 20 de maio. As instalacións do colexio de Portonovo acollerá o Festival dás Letras Galegas, organizado coa colaboración da Coral Polifónica Santa María Adina e Vos Gatiños.

O domingo 14 estará adicado ao rural e ao campo, cunha nova edición de Culturagro, coa celebración dunha xornada que combina actividades prácticas e teóricas vinculadas coa ecoloxía, a eficiencia enerxética responsable e o cultivo sustentable.
O luns día 15 o “Mes das Letras” contempla dúas actividades. A primeira delas será na biblioteca de Vilalonga, cunha sesión para nenos a cargo de Cocorocó. Ás 21 horas, o salón de plenos do Concello acollerá unha conferencia sobre Carlos Casares a cargo de Antón Riveira Coello.

O martes, e dentro do programa “Ler conta moito”, a biblioteca situada no Pazo Emilia Pardo Bazán ofrecerá unha sesión de contacontos para bebés con Pavís Pavos.

O mércores 17 de maio será a xornada estrela do “Mes das Letras”, con actividades ao longo do día que contan coa colaboración de diferentes asociacións.

Así, Andarela poñerá en marcha “Espertar en galego”, unha iniciativa que permitirá que todo o municipio amaneza con frases e palabras propias da lingua galega e pouco utilizadas habitualmente. A asociación de veciños de Dorrón e a asociación Cultural Soalleira organizan a IV Marcha Cicloturista a Dorrón, que sairá ás 10.30 horas do campo da festa coa divulgación da lingua como obxectivo. A Praza Pascual Veiga será o centro das actividades culturais da xornada do 17 de maio. Ás 12 horas, e baixo o título xenérico de “Casares e Cantares” haberá unha lectura pública de textos do escritor a quen este ano se adican as Letras Galegas. Xa pola tarde, ás 18 horas, terá lugar o Festival Letras Galegas de Noalla, nas Canteiras, organizado polo Coro Parroquial de Noalla. E ás 18.30 horas, na Praza Pública de Vilalonga, terá lugar o Serán dás Letras Vos Cruceiros.

O “Mes das Letras” baixará o pano o sábado día 27, ás 18 horas, no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán con “Canta connosco!”, de Migallas Teatro.

Cultura programa concertos, folclore e contacontos no “Mes das Letras”

Te puede interesar