“Dálle a volta”, unha peza gañadora contra a violencia de xénero

“Dálle a volta”, unha peza gañadora contra a violencia de xénero
Grupo de alumnos matriculados na materia Igualdade de Xénero e creadores da peza audiovisual gañadora | cedida

Por segundo ano consecutivo, o IES de Vilalonga acada o primeiro premio do concurso convocado pola Xunta de Galicia con motivo do 25-N pola peza audiovisual “Dálle unha volta”, titorizado pola profesora Patricia Díaz e desenvolta no marco da materia Igualdade de Xénero na que están matriculados 34 alumnos e alumnas de 2º da ESO. Neste curso o alumnado está a participar no proxecto educativo “Son como quero!, medrando sen estereotipos de xénero”, que ten por obxecto a análise do tratamento dos estereotipos de xénero no mundo actual para que adquiran, neste proceso de aprendizaxe, os valores que fomentan a igualdade efectiva entre mulleres e homes, así como a prevención da violencia de xénero. O obxetivo é procurar unha mirada crítica e transversal dos estereotipos de xénero e analizar a fondo as causas que sosteñen as actuais formulacións de desigualdade entre mulleres e homes, que xeran a interiorización, transmisión e consentimento da ideoloxía do patriarcado no mundo actual.

Unha das actividades propostas no proxecto incluía a participación un ano máis no concurso que convoca a Consellería de Educación e a Secretaría xeral de Igualdade da Xunta. Para a mellor identificación e comprensión daqueles comportamentos e actitudes machistas no grupo de idade do alumnado, propúxose “Dálle a volta” a aquelas situacións cotiás nas que se reproducen estereotipos e roles tradicionalmente asociacidos ao xénero, para que pudieran ser fácilmente recoñecibles: Situacións paternalistas, controladoras, invisibilizadoras e violentas.

Deste xeito representáronse distintas situacións cotiás nas que as alumnas e alumnos fixeron o exercicio de poñer en práctica a empatía necesaria para experimentar como se sinten as mulleres nas situacións recreadas, o que persegue un dobre obxectivo: Empoderar ás alumnas a participar, exercer liderazgos e, en definitiva, consolidar os seus dereitos á cidadanía; e implicar aos alumnos no seu papel de aliados do feminismo como garantes do camiño cara a igualdade real.

O xurado composto polos integrantes da comisión asesora de publicidade non sexista, a Secretaría Xeral da Igualdade, e a Consellería de Educación fallou os premios do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, convocado pola Secretaría xeral da Igualdade, Día Internacional contra a violencia de xénero. O grupo gañador recibirá o seu premio o vindeiro 25 de novembro en Santiago de Compostela. A peza audiovisual pode visualizarse nas canles de difusión do centro.

“Dálle a volta”, unha peza gañadora contra a violencia de xénero

Te puede interesar