Denuncian unha presunta estafa e roubo en San Miguel por falsos empregados da empresa da luz

Dous mozos cobraron sen factura 80 euros e fixéronse con outros 100 ao descoido de dous veciños maiores

Denuncian unha presunta estafa e roubo en San Miguel por falsos empregados da empresa da luz

Un veciño de San Miguel de Deiro (Vilanova de Arousa) denunciou onte e puxo en coñecemento da Policía Local o que parece ser una presunta estafa e furto acontecido no domicilio dos seus pais esta mesma semana por dous supostos falsos empregados duncha compañía eléctrica dos que, incluso, pudieron dar unha descripción. 
O home descubriu os feitos este martes á noite, ao ir atender á súa nai, como cada día. Alí, seus pais, que contan arredor dos 87 anos e teñen problemas de visión, oído e mobilidade; relataron que aquela mesma tarde recibiran a visita de dous empregados de Fenosa. O relato, sen embargo, fixo saltar a alerta do fillo. .
Uns 180 euros
O denunciante afirma que os homes accederon á casa, a un contador e ao faiado, coa excusa dunha revisión a efectos de contratar unha suposta rebaixa na factura da luz. 
Entre o ir e vir, pudieron chegar a sustraer uns cen euros da casa e, posteriormente, cobrar 80 máis pola visita, “sen deixar factura algunha”. Ademáis, os pais do denunciante afirmaron que lles fixeron firmar uns papeis dicíndolles que era para conseguir esa rebaixa, aínda que eles non os leron e tampouco lles deixaron copia ningunha. 

Descripción
Os denunciantes tamén puideron aportar unha descripción, tanto aos axentes, como aos veciños en xeral, coa intención de que ningún outro residente poida verse afectado. Sinalaron a dous mozos duns trinta anos, altos, delgados e con barba curta. 
Aconsellan extremar as cautelas pola zona.