O desdobramento de Beiramar adxudicarase en xullo, pero dará comezo tras a Festa do Marisco

O desdobramento de Beiramar adxudicarase en xullo, pero dará comezo tras a Festa do Marisco
Diario de Arousa-2018-05-17-014-69e61044

As obras de desdobramento entre a confraría e a rúa Cruceiro está previsto que dean comenzo tras a Festa do Marisco aínda que os traballos adxudicaranse a mediados do mes de xullo. O alcalde, José Cacabelos, explica que a tramitación tras a entrada da nova lei de contratos complicou e retrasou os prazos previstos. 2Non podemos ter esta rúa en obras durante o verán nin tampouco co Marisco”, advirte. Cacabelos está convencido de que esta actuación é un paso decisivo para lograr el modelo de pobo que queremos e recorda que a obra consistirá en implantar o doble sentido de circulación. Os cambios faranse notar nese tramo de Beiramar, tanto cos dous carrís como coas novas beirarrúas, zonas de aparcamento e arcéns, senon tamén en rúas próximas da rúa Luís Seoane.
O proxecto “Ordenación da avenida de Beiramar entre a confraría de pescadores e a rúa Cruceiro” conleva unha inversión de 127.000 euros para instalar os novos firmes e pavimentos, sinalización viaria, adaptación de drenaxes, mellora do alumbrado público, reposición dos servizos afectados, novas beirarrúas e o proceso de reordenación viaria, na que se inclúe a creación dun novo carril para implantar o doble sentido de circulación.
Ese carril ocupará o arcén que está pegado aos xardíns do Corgo, e que actualmente utilízase como aparcamento. O mesmo proxecto incorpora a dotación de pasos de peóns elevados e incluso a instalación dun punto de recarga para vehículos eléctricos dotado con dúas prazas de aparcamento e dúas tomas. 
A obra en cuestión afectará a unha superficie de 1.456 metros cuadrados y servirá de complemento á mellora que se introduce entre a rotonda deas garzas e a estación de autobuses.

O desdobramento de Beiramar adxudicarase en xullo, pero dará comezo tras a Festa do Marisco

Te puede interesar