Diego Rosal presenta a súa candidatura completa como a “alternativa fronte á crispación”

Diego Rosal presenta a súa candidatura completa como a “alternativa fronte á crispación”
O alcaldable, Diego Rosal, e o resto de candidatos do BNG de Meaño para ás próximas eleccións | alberto rodríguez

O BNG está apostando forte por Meaño de cara ás próximas eleccións municipais e onte presentou a súa candidatura ao completo sendo o primeiro partido do Salnés en facelo. Foi nun acto encabezado polo seu candidato á Alcaldía, Diego Rosal Chaves; un mozo de Lores de 37 anos  que decidiu dar o paso tras dous anos traballando coa formación porque era o momento de “deixar de ver todo dende a barreira e implicarse. O panorama político actual non é bo, hai moita crispación e o goberno non cumpriu as expectativas”, explica.
 

O Bloque está satisfeito co resultado obtido nesta primeira toma de contacto pública coa cidadanía, celebrada nos Pasales e á que asistieron unhas 200 persoas. O alcaldable considera que esta resposta ten que ver co traballo que levan facendo nestes catro anos e sobre todo “o bo traballo” realizado na defensa da sanidade pública ante a precaria situación da Atención Primaria. Asegura ser consciente de que veñen dunha situación complexa porque nos últimos comicios non obtiveron votos suficientes para entrar na Corporación. Non obstante, cre que “partir de cero” pode ser unha vantaxe, porque tampouco teñen facturas políticas, e dende as filas nacionalistas recordan que nas últimas autonómicas foron a segunda forza máis votada.

 

Caras novas e coñecidas

Rosal Chaves defende que son unha “alternativa boa e seria” frente á actual escena política do municipio e nesta campaña queren trasladar “a ilusión” polo proxecto nacionalista para Meaño. Neste camiño vai da man de 17 homes e mulleres nunha lista con caras novas e tamén ben coñecidas do Bloque meañés. Entre elas está a candidata anterior, Rosa Castro, que deu un paso atrás por “temas persoais” e de feito, Chaves sinala que a “transición foi totalmente consensuada e tranquila”. Ela vai no sétimo posto e de número dous vai a soprano Rosana Domínguez Rey. A lista continúa, por esta orde, con Iago Lorenzo Santamaría, María Xesús Chantada Barreiro, Avelino Tourís Fajardo, Iván Alfonso Torres, Olga Lojo Tomé, Baldomero Castro Conde, Bieito Fontán Conde, Ofelia Rodríguez Malga, Luz Divina Moraña Durán e Rodrigo Pazos Castro. Os suplentes son Daniel Cores Caneda, Trinidad Rosal Chaves, Santiago Vázquez Torres, María Xosé Domínguez Rey e Gabriel Méndez Santos. 
 

No acto estiveron arroupados por compañeiros do Salnés e dirixentes como os deputados Xosé Lois Rivas “Mini” e Montse Prado, así como alcaldes de municipios como Tomiño, Sandra González, e o de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, cos que ten contactado Rosal para aprender dos seus modelos de cidade. 
Os nacionalistas querían que fose un día festivo, de convivencia, para compartir a alegría coa que emprenden esta etapa, así que non faltou a música con Os Canheros. Tampouco vista a dedicación profesional do candidato á Alcaldía, ademais de que é a súa paixón. Diego Rosal Chaves é  profesor, directivo e membro da prestixioso Banda Unión Musical de Meaño e membro fundador da asociación cultural Árgoma, entre outras cuestións.

Diego Rosal presenta a súa candidatura completa como a “alternativa fronte á crispación”

Te puede interesar