Reportaxe | O cesteiro internacional de Sanxenxo, unha profesión en perigo de extinción

Reportaxe | O cesteiro internacional de Sanxenxo, unha profesión en perigo de extinción
diario de arousa-9999-99-99-999-8cf71f4a

Un concurso no que leva participado case dende a súa creación e no que conseguiu distintas recoñecementos. “É un orgullo que che recoñezan o teu traballo. Iso é máis importante que o premio económico”, asegura. De feito, en varias ocasións, incluso renunciou a súa parte económica cando o premio era compartido con outro cesteiro. “Non me sobran os cartos, pero con que distinguiran o meu traballo nese momento xa viña contento para casa”, asegura. 
No certame participaron máis de sesenta cesteiros de distintas modalidades como mimbre ou esparto e procedentes de distintas partes do mundo, pero na modalidade de táboas, só este veciño de Sanxenxo. E aí reside dende hai anos a preocupación e a teima de Enrique Táboas  por garantizar a pervivencia do que ata os anos 80 foi o seu medio de vida. “Isto pérdese se non se fai nada para remedialo. A última xeración de cesteiros que aínda vive ten máis ou menos a miña idade e que traballen en láminas só coñezo un en Francia e traballa con elas en bruto”, sinala.
Táboas pertence a quinta xeración de cesteiros e leva tentando dende hai anos que algunha administración local ou autonómica se implique de “forma seria” coa actividade e evitar que se perda coa creación dunha escola na que este cesteiro de Nantes poida transmitir o seu coñecemento. “Traballei un ano como mestre a través da Deputación de Lugo e agora contratáronme unhas pezas para a Cidade da Cultura, pero eu non vou vivir sempre nin sequera sei como vou estar dentro de dez anos”, advirte. Recoñece sentir “impotencia” ante a que parece a unha desaparición e perda dunha actividade que no seu momento deu de comer a moitas familias de Sanxenxo e como testemuña da puxanza desta actividade o municipio conta coa Rúa Cesteiros. “Ata que apareceu o plástico e saiu a normativa de non usar a madeira para os alimentos, eu vivía de facer patelas e cestas para o peixe”, asegura. Dende entonces, adicouse a distintas actividades e incluso emigrou en busca de traballo. Na actualidade, traballa no servizo municipal de recollida de lixo de Sanxenxo. “A min encantariame vivir disto, pero a miña idade non pode andar a facer aventuras”, recoñece. Critica falta de “vontade política” para apoiar proxectos que repercutirían no ben xeral e que incluso podería atraer a visitantes en distintas épocas do ano ao municipio. “En Girona estaban todos os hoteis a tope co certame. Das a coñecer a tradición do teu pobo e ao mesmo tempo a cidade”, afirma. Táboas incluso conta cun estudo do Centro forestal de Lourizán no que se recolle doce especies de castaños axeitadas para esta actividade. “Seleccionamos de máis de duascentas especies, doce axeitadas para a actividade e clonámolas”, apunta.
Táboas aposta polo castaño, pero no seu taller conta con decenas de pezas de distintas madeiras de pexegueiro, acebo, salgueiro, loureiro, camelio, mimosa e ata de toxo. “O importante é que a madeira sexa flexible”, matiza.
Garda como ouro en paño as ferramentas para traballar a madeira. “Non é fácil xa atopar un ferreiro que saiba templar a ferramenta e iso é fundamental. Outra actividade que tamén se está a perder”, asegura. 
De todas as pezas coas que compite nun concurso o fai por encargo tenta realizar réplicas coas que enche o seu taller como unha butaca ou unha obra artística sobre o equilibrio.
Non conta, por agora, cunha cesta xigante de mariscar, peza encargada pola organización do Certame de Girona e que rematou ante o asistentes á cita. “Apuntámola ao Premio de Récord Guiness porque estou convencido de que non hai outra cesta de mariscar máis grande que esta, pero aínda non nos responderon. Estas cousas van despazo”, sinala. 
Os recoñecementos o seu traballo parece que non rematarán co título de internacional aínda que o seu desexo é que este patrimonio inmaterial perviva por xeracións.

Reportaxe | O cesteiro internacional de Sanxenxo, unha profesión en perigo de extinción

Te puede interesar