Empregadas do xeriátrico de Ribaumia concéntranse polo “empeoramento” do seu traballo

Empregadas do xeriátrico de Ribaumia concéntranse polo “empeoramento” do seu traballo
Diario de Arousa-2019-05-17-011-c1e4e7b0

Empregadas da residencia de atención á terceira idade DomusVi de Ribadumia, antiga Geriatros, realizaron onte ous actos de protesta. Parte das traballadoras concentráronse pola mañá fronte á Casa Consistorial, onde recibiron o apoio de representantes políticos e municipais. Á tarde fixérono ante o propio centro.

As concentradas denuncian un empeoramento substancial das condicións laborais, con turnos de traballo de ata dez días sen descanso, falta de medios materiais e humanos, non cobertura de baixas, problemas na atencións aos residentes e o inclumprimento nos pagos por convenio dos turnos nocturnos. Sinalan que nos últimos días, ata cinco enfermeiras renunciaron ao seu contrato laboral despois de catorce anos. O día 30, volverán as protestas.

 

Empregadas do xeriátrico de Ribaumia concéntranse polo “empeoramento” do seu traballo

Te puede interesar