Os escolares de As Covas recuperan as xaneiras

Os escolares de As Covas recuperan as xaneiras
Avós e bisavós ensinaron este venres no centro algunhas das cancións tradicionais, como preparación cedida

Chega o Nadal e na maioría de colexios iso é sinónimo dos festivais típicos destas datas. Pero no centro de As Covas levan uns anos tentando darlle unha volta ao concepto, para facelo máis orixinal. E o que programaron este ano ten toda a pinta de conseguilo: Os arredor de 170 nenos van ir cantar as xaneiras porta a porta, por todas as parroquias.
Trátase dunha tradición que hoxe só lembran os máis vellos da casa, pero que tivo gran pulo no rural non hai tanto tempo. Os grupos de rapaces ían polas vivendas dos veciños cantando romances de Nadal, a cambio dalgún pequeno regalo.
Isto, que parece saído dunha película estadounidense, facíano avós e bisavós dos escolares de hoxe e, por iso, para ensinarlles algunhas das letras e melodías daquela, este pasado venres un grupo de maiores achegouse ao colexio para compartir a sabedoría popular como antigamente: A través da palabra oral.
Os cativos tomaron boa nota e está case todo listo para sairen ás rúas este vindeiro mércores, día 21. Farano en grupos, para divirse e cubrir todas as parroquias, ás que chegarán en varios autobuses. Cada grupo contará cun gaiteiro.
“As familias foron moi receptivas e a idea está a crear moita expectación no concello”, valoraba o director do centro, Paulo Nogueira.

gran festa final
A programación deste día lúdico non rematará aí, xa que despois de ir cantar por cada parroquia, todos os grupos de nenos, mestres e familiares dos rapaces están citados cara o mediodía na Praza do Concello de Meaño. Alí está previsto un fin de festa que incluirá un acto conxunto no que se mesturarán as músicas dos diferentes gaiteiros e coros.
Durante a xornada, ademáis, será posible revivir algúns dos xéneros da música oral e popular, como diferentes cantares que incluían breves actuacións a xeito de pregunta e resposta. Esta promete ser, pois, unha cita coa historia máis recente pero hoxe case esquecida da vila meañesa e da bisbarra.

Os escolares de As Covas recuperan as xaneiras

Te puede interesar