O espírito albariñense trasládase ás rúas de Vigo cun acto ao que asistiu Carmela Silva e Caballero

O espírito albariñense trasládase ás rúas de Vigo cun acto ao que asistiu Carmela Silva e Caballero
Autoridades locais e provinciais brindaron trala presentación da festa | deputación de pontevedra

O espírito albariñense trasladouse onte a Vigo para animar aos veciños da cidade a sumarse á celebración vinícola máis antiga de Galicia e a segunda de España. Foi durante un acto diante da Casa Galega da Cultura e no que participaron autoridades como o alcalde vigués, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. A rexedora cambadesa, Fátima Abal, foi a encargada de falar no nome dos cambadeses para explicar que a Festa do Albariño é algo máis porque “somos uns apaixoados do viño” e porque “é a nosa seña de identidade pola importancia que ten para a nosa economía global, polas nosas festas e pola calidade indiscutible dos nosos viños”, manifestou.

Representación
Tamén acudiron os concelleiros Víctor Caamaño, Tino Cordal e José Ramón Abal Varela para reforzar a presenza cambadesa no evento, organizado por Turismo Rías Baixas.
Non faltou o brinde cunhas copas do “príncipe dourado dos viños”, como lle chamaba Cunqueiro, outro apaixoado que formou parte da historia da celebración. A propia rexedora fixo un repaso polos inicios do evento, no ano 1953, e tamén destacou as novidades desta edición como que Cambados foi nomeada Cidade Europea do Viño 2017 por Recevin. Un “premio moi importante que nos dá a oportunidade única de dar a coñecer a nosa cultura, gastronomía e, por suposto, o viño Albariño internacionalmente”, e unha distinción que “significa un novo recoñecemento a labor que se está a desenrolar na vila na promoción do que consideramos o mellor branco do mundo”. Tamén suliñou outros dos seus atractivos, como as actuacións de primeiro nivel co concerto “Coupage” da Orquesta de Jazz de Galicia e outros artistas, The Waterboys ou Heredeiros. l

O espírito albariñense trasládase ás rúas de Vigo cun acto ao que asistiu Carmela Silva e Caballero

Te puede interesar