O Faiado percorre a Galicia irredenta cun ciclo de charlas sobre franquismo e transición

O Faiado percorre a Galicia irredenta cun ciclo de charlas sobre franquismo e transición
Presentaci..n Libro Rafael Pillado en Sargadelos

Hai catro décadas celebrábanse as primeiras eleccións municipais da democracia en España. En Vilagarcía, o Partido Comunista, a organización que copou a organización da resistencia antifranquista desde unha clandestinidade contra a que tivo que loitar más forte que outros partidos, sacaba catro concelleiros e entraba no goberno co Partido Socialista.


Eran outros tempos, non había liberacións e a ilusión era a única dieta para os concelleiros. Algúns dos protagonistas daquela época, como Juan Vázquez, un dos edís comunistas, estarán no ciclo de charlas que organiza O Faiado da Memoria, que precisamente conmemora as eleccións de 1979, uns comicios moi diferentes aos que se xogan agora. Vázquez formará parte da ponencia local, centrada en Vilagarcía, e con data aínda por determinar. Estará acompañado por Javier Ríos, Xaquín Rubido e Tino Bandín

Os sucesos de Ferrol
Será o Ferrol de 1972, probablemente o episodio que mellor define a Galicia irredenta que fíxolle fronte ao monstruo franquista. Naquelas folgas morreron Daniel Niebla e Salvador Rey, e as vidas de Sari Alabau e de Rafael Pillado quedaron marcadas para sempre.


O histórico sindicalista e militante comunista inaugurará o ciclo de conferencias organizado polo Faiado xunto a unha muller pioneira en moitas loitas.  Será o próximo mércores ás oito da tarde.Sari Alabau e Rafael Pillado simbolizan a unión das profesións liberais, o estudantado e a clase obreira na loita antifranquista. Nun Ferrol polo que pasaron moitos dos loitadores que percorrerán a sede do Faiado e que, na meirande parte dos casos, continuaron formando parte da actividade política na transición e na democracia, xa desde un abano ideolóxico máis amplo. Xosé Manuel Beiras, Francisco Rodríguez, Carlos Núñez, Bernardo Máiz, José Vázquez Fouz ou Ricardo Gurriarán e Xan Mari Castro forman parte do ciclo.

O Faiado percorre a Galicia irredenta cun ciclo de charlas sobre franquismo e transición

Te puede interesar