Félix Lamas: “Cacabelos abriu moitos frentes, pero non pechou ningún. Seguimos igual que hai catro anos”

Félix Lamas: “Cacabelos abriu moitos frentes, pero non pechou ningún. Seguimos igual que hai catro anos”
IMG_1612_17243801

Félix Lamas (O Grove, 1963) encabeza o proxecto do Partido Galeguista Demócrata nas vindeiras eleccións municipais. Faino “con moita responsabilidade e ilusión” despois de sustituir a Alfredo Bea na Corporación municipal na metade do mandato e tras recibir o apoio da formación para ser o candidato.

Foi un mandato de cambios forzados no Partido Galeguista Demócrata. Como viviu estes dous anos na primeira liña política? 

Pois a verdade é que si que houbo cambios. Eu síntome galeguista, pero si aceptei entrar nas listas do Partido Galeguista Demócrata hai xa oito anos foi porque era Alfredo Bea o candidato porque sei como traballa e ten toda a miña confianza. Non me esperaba ter que sustituilo. Agora tócame encabezar a lista e fagoo con moita responsabilidade, pero tamén con moito orgullo e responsabilidade.

Á saída de Alfredo Bea súmase tamén a fichaxe polo PP do anterior número dous da lista, Victor Otero. Colleulles por sorpresa?

Hai catro anos tras os resultados electorais, Víctor comunicounos que deixaba a política activa e non volveu a ter contacto con nós a nivel político. Comunicoulle a Fredi a súa decisión e foi unha sorpresa que fichaxe polo PP, pero a nivel de partido non nos afectou porque xa non contabamos con el.  

Ao longo deste mandato adoptou sempre unha postura moi conciliadora para chegar a acordos plenarios, incluso compañeiros da oposición chegáronlle a chamar o “noveno concelleiro”.  

O Partido Galeguista sempre pensou no ben dos veciños. Fomos útiles tanto no goberno como na oposición. Co noso apoio aprobáronse presupostos e proxectos de infraestructuras importantes para O Grove que logo o goberno de Cacabelos por falta de xestión non soubo aproveitar. O pacto do Partido Galeguista é cos veciños.

O Grove volve a afrontar uns novos comicios co PXOM sen aprobar. Que cre que fallou esta vez? 

Cacabelos tivo oito anos para presentar un PXOM, pero non tivo a capacidade de sacalo adiante pese a ter todo a favor. Pero non temos tampoco un auditorio nin un centro de saúde nin tampouco un Centro de Día. Estamos igual que hai catro anos.

O Partido Galeguista pediu un referéndum veciñal como condición para aprobar o PXOM. Cre que esto non retrasaría moito a súa aprobación ? 

Cremos que deben ser os veciños os que decidan a súa aprobación e non dezasete concelleiros. O que suporía un retraso segundo os técnicos sería unha segunda exposición.

Supoño que estas infraestructuras formarán parte do seu programa electoral para os vindeiros catro anos? 

Seguimos na mesma. Levamos corenta anos co PXOM e cunha inversión que igual xa supera o millón de euros entre uns estudos e outros, seguimos sen Auditorio e temos como prioridade o Centro de Día que estase a retrasar porque se está a actualizar o proxecto dende o Concello. O goberno de Cacabelos abriu moitos frentes, pero non pechou ningún. Temos más de seis millóns pendentes de inversión, pero non se fixo nada. Non se pode botar toda a culpa a outras administracións en tódolos casos e ao goberno fátalle capacidade de autocrítica. Se é certo que a Xunta deixou de lado a O Grove en todo o que ten que ver coas instalacións portuarias como pode ser o porto deportivo, porto Meloxo ou o do Grove. Hai que sacar adiante o Plan de Turismo que está paralizado

O plantel municipal sufriu nos últimos anos moitas baixas. Que ten previsto o Partido Galeguista para solucionar este asunto? 

Hai que reforzar o servizo de Policía Local que este goberno colleuno con dúas baixas e agora ten cinco e no resto dos departamentos porque isto está supoñendo unha peor atención e un peor servizo.

Que opina sobre o modelo de reordenación de tráfico impulsado polo goberno. Comparteo? 

Estase a facer a cachos e sen previsión. Cremos que é preciso un plan de tráfico global para acometer as peonalizacións que sexan precisas, pero tamén bolsas de aparcamento. 

Ten algunha liña vermella o Partido Galeguista Demócrata a hora dun posible pacto de goberno? 

Non temos nin liñas vermellas nin verdes. Nós estaremos aí tanto como se estamos no goberno como na oposición porque o que buscamos é ser útiles ao pobo e sacar as cousas adiante. Se nos chaman para falar, claro que nos sentaremos.

Na pizarra

O candidato do Partido Galeguista demócrata elexiu como palabra que define á formación: “Útiles”. Ao longo da entrevista, Félix Lamas fai referencia a ela en varias ocasións. A formación con experiencia tanto no goberno como na oposición apela a “utilidade” para sacar proxectos que beneficien aos veciños. “Nós estaremos aí tanto como se estamos no goberno como na oposición porque o que buscamos é ser útiles ao pobo e sacar as cousas adiante”, asegura. A foto realizous na Praza do Corgo e diante da fachada do Consistorio Municipal.
 

Mañán en Sanxenxo, entrevista a Vanessa Rodríguez Búa , candidata de Ciudadanos por Sanxenxo

Félix Lamas: “Cacabelos abriu moitos frentes, pero non pechou ningún. Seguimos igual que hai catro anos”

Te puede interesar