Fernández Agraso coloca nos postos de saída da súa lista a cinco mulleres

Fernández Agraso coloca nos postos de saída da súa lista a cinco mulleres
A candidata nacionalista, Sandra Fernández Agraso, presentou onte a parte do seu equipo no mirador de Caneliñas | f.a.

A candidata nacionalista a Alcaldía de Sanxenxo, Sandra Fernández Agraso, revelou onte o equipo que lle acompañará nas vindeiras eleccións municipais no mirador da praia Caneliñas. Unha lista no que a muller ten un papel predominante e no que se mistura a experiencia e a renovación. “É un equipo cohesionado, sensato e responsable co que se conforma unha alternativa seria e fiable”, incidiu. A colocación de cinco mulleres que se suman a candidata nos postos de saída “non foi casualidade”, Fernández Agraso é un símbolo claro da defensa feminista e da igualdade no municipio. Así, acompañarana no número 3, Andrea Ucha Bouzada (Dorrón), técnica superior en Xestión Comercial e Mercadotecnia; no 5, Helena Vilas (Nantes), técnica en farmacia; no posto 6, Tamara Castro (Sanxenxo), técnica superior en asistencia á dirección; no 7, Rocío Méndez Castro (Noalla), compaxina os estudosde Historia da Arte co traballo de camareira; e o 9, é para Andrea García Gondar (Catadoiro), logopeda.

O posto número 2 é para Maximino González Miniño (Vilalonga), actual concelleiro na Corporación que asumiu durante os dous anos de goberno a carteira de Obras. González convírtese no “imprescindible” do equipo de Fernández Agraso. O número 4 é para Francisco Leiro Duarte (Portonovo), enxeñeiro de telecomunicacións e un dos rostros novos do equipo nacionalista. O 8 é para un dos veteráns do BNG, Alejandro Piñeiro González, presidente de Amigos da Dorna de Portonovo e o 10 para Albino Caneda (Baltar). O actual portavoz David Otero pecha unha candidatura no número 17 formada tamén por Clara Pino Bañón (Vilalonga), Octavio González (Gondar), Rocío Garrido Caramés (Gondar), Manuel Lima (Noalla), Josefa García Martínez (Portonovo) e o actor Celso Bugallo Aguiar (Vilalonga). Na lista de suplentes está Arturo Acuña, María Dolores Aguín Martínez e Jose Antonio Fernández Agraso.

Da escea á política
Foi o equipo que conforma Sandra Fernández o que fixo que o actor Celso Bugallo dese o paso e, por primeira vez, apareza nunha lista electoral. “Simpatizo moito con este partido e creo que é moi importante que haxa xente que se comprometa e que teña esta forma de pensar”, sinalou.


Pese a que Bugallo non está nos postos de saída, sinalou que “estarei para o que lles faga falla”.

Nestes momentos, o actor vilalongués, gañador dun Goya polo seu papel na película Mar Adentro, atópase gravando o filme Santa Isabel. O seu traballo nin impediu que onte estivese na presetanción da candidatura que encabeza a nacionalista Sandra Fernández Agraso.

Fernández Agraso coloca nos postos de saída da súa lista a cinco mulleres

Te puede interesar