O Festival Xironsa cumpre a maioría de idade con Heredeiros e Seivane

O Festival Xironsa cumpre a maioría de idade con Heredeiros e Seivane
Os compoñentes de Heredeiros da Crus | heredeiros da crus

O Festival Xironsa cumprirá este ano a maioría de idade cun cartel de primeiro nivel con artistas como o grupo Heredeiros da Crus e a gaiteira Susana Seivane. Tambén haberá lugar para os locais, con Noite Fechada, e outro tipo de espectáculos de “clown” e circo para grandes e maiores, ademais doutras propostas culturais e de ocio. O programa terá lugar os días 24 e 25 en Corvillón, e as entradas e a acampada son de balde.
Xa hai moitos anos que a asociación Xironsa traballa na promoción da cultura popular galega con diferentes iniciativas como este festival, que estase a converter en todo un referente. A organización xa adiantou algúns dos nomes do cartel musical, pero haberá outras actividades complementarias.

Detalles
Polo momento, xa están confirmados os primeiros grupos entre os que destaca Heredeiros da Crus, o grupo de rock galego nado en Ribeira e o pioneiro do chamado “rock bravú”, con letras “descaradas, guitarras poderosas, o faltar natural, con gheada e seseo, e unha actitude provocadora e irreverente”, contan dende a organización.
A súa actuación terá lugar o sábado, pero a festa xa comezará o venres. O cartel tamén inclúe a gaiteira Susana Seivane e o seu “estilo xenuíno que, lonxe de perder de vista o aire enxebre dos antigos gaiteiros, ábreo ás influencias doutras músicas. Conségue, deste xeito, un enfoque fresco e orixinal”, explican dende a Asociación Xironsa.
Tamén actuarán Leirabuxo, un proxecto musical que xorde no berce da bisbarra de Melide da man de catro amigos que se xuntaron “facer o que realmente lle gusta, que non é outra cousa que tratar de divertir ao público facendo música tradicional da nosa Galicia”. A banda Noite Fechada, será a aposta local deste ano. A formación saliniense aseguroulle á asociación que “están encantados” de tocar neste festival, no que darán mostra do seu rock fresco e potente. No cartel tamén están Os d´Abaixo; artistas vencellados de toda a vida ao foclore galego xunto a músicos tradicionais de gran traxectoria en bandas como Berrogüetto ou Fía na Roca. O seu repertorio recolle algunas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición.
Pero non todo será música, está prevista a actuación da compañía Kambahiota Circo, que ofrecerá un orixinal e novedoso espectáculo no que combina clown, humor e acrobacias; Mundo Mandarina e Peter Punk, que xa é un incondicional do evento. l

O Festival Xironsa cumpre a maioría de idade con Heredeiros e Seivane

Te puede interesar