A paixón de Rocío Garrido Caramés pola gastronomía tradicional fixo posible a súa segunda publicación “Mel nas filloas” no que recopila antigas receitas de doces de distintas zonas de Galicia. Esta veciña de Vilalonga compaxina este proxecto con diversoso obradoiros e co seu exitoso blog culinario “La cocina de mi abuelo”.
Como xurde “Mel nas filloas”?
De receitas antigas que fun recopilando en distintos traballos, preguntándolle a xente maior e tamén da miña familia. Son sesenta recetas que van dende biscoitos ata a tarta de Santiago. Gran parte da miña familia está unida dunha ou doutra forma aos fogóns dende panaderías ata restaurantes
Pese ao titular, ningunha das receitas do libro é de filloas.
O título fai referencia a un dito popular que se emprega cando algún proxecto sae ben. Gustounos tamén porque a filloa é un doce típicamente galego e que se asocia rapidamente a Galicia.
Cal é a receta do libro que ten máis éxito?
A da tarta de Santiago. Pese a que é unha receita sinxela, a moita xente lle interesa coñecer os pasos de elaboración. Outra receita que chama moito a atención é a de tortilla de pan doce, un postre que antigamente era de xente de poucos recursos. A moita xente lle parece incrible que dunha tortilla pan poida sair un doce tan rico. Ten moito éxito esta receita.
Apenas leva quince días nas librarías, cando vai a comezar a ruta de presentacións?
Confío en que a primeira sexa en Sanxenxo na Adega dos Eidos o vindeiro 11 de novembro e logo iremos por distintos lugares. Nesta primeira edición sairán a rúa 3.000 exemplares e o prólogo está escrito por Pepe Solla, pai. A verdade é que é todo un honor para min. Algún dos exemplares xa cruzou a fronteira e está en Portugal e outro vai camiño de Alemania.
O seu blog “La cocina de mi Abuelo” conta con máis de 3.000 visitas diarias. Ten en mente algún proxecto máis a curto prazo?
Agora quero disfrutar de “Mel en filloas”, pero si hai previsión de sacar outro libro de receitas e algún proxecto máis do que prefiro non falar. O blog continúa a recibir miles de visitas diarias, pero agora o libro e os traballos que me saen, réstanme tempo para actualizalo como me gustaría.