O GROVE-Bea levará ao vindeiro Pleno unha moción sobre diversidade sexual

O GROVE-Bea levará ao vindeiro Pleno unha moción sobre diversidade sexual
Diario de Arousa-2016-05-17-015-baa2ebc0_1

O concelleiro do PGD, Alfredo Bea, levará o vindeiro Pleno do Grove unha moción sobre diversidade sexual.  “Temos claro que a discriminación non se erradica coa indiferenza”, apunta. Así no texto piden que se recoñeza a determinante contribución de todas aquelas persoas e colectivos que veñen defendendo durante décvadas os dereito de lesbianas, homosexuais, transexuais e bisexuais. Asimesmo, se solicita que se estenda a bandeira durante o día 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo Gay unha ensina coas cores de bandeira arco iris na fachada principal do edificio do Concello, xunto ao resto de bandeiras institucionais.
Tamén se pide que se inste á Xunta  que dea cumprimento as 5 recomendacións da Valedora do Pobo. Así, urxe a existencia dun documento transitorio de identidade para os maiores de idade no que se recolla o seu nome elixido sen ter que esperar ata “dous anos” para ese cambio; así como cambiar o nome nos cartóns sanitarios de menores transexuais. Maior pedagoxía en escolas; aumentar a formación de profesionais da educación, sanidade e administración; e desenvolvemento dun protocolo de Atención Primaria no Sergas para asistir de “forma certa e segura” como paso previo dunha lei galega de igualdade.

O GROVE-Bea levará ao vindeiro Pleno unha moción sobre diversidade sexual

Te puede interesar