O Grove - “O que pasou co PXOM é responsabilidade de quen lle deixou ao PP a opción de facelo”

O Grove - “O que pasou co PXOM é responsabilidade de quen lle deixou ao PP a opción de facelo”
Copia de Diario de Arousa-2015-05-19-015-685845c4

Xan Lamelas encabeza a candidatura de Esquerda Unida co obxetivo de que o seu proxecto ilusione aos veciños. A súa experiencia e o traballo realizado nestes dous anos considera que son suficientes avais.

Con que aval se presenta Esquerda Unida?
A rendición de contas dos nosos concelleiros nestes anos. E algo fundamental e esixible aos edís. Pomos a disposición dos veciños as preguntas e propostas que presentamos nos plenos. En definitva unha ferramenta para que os cidadáns poidan decidir

Está satisfeito?
Fixemos máis traballo que outros grupos con seis concelleiros. Dentro das posibilidades que tivemos, penso que fumos capaces de levar adiante moitas propostas ao pleno.

Que diferencias hai entre o Xan Lamelas que participou no cuatripartito e o que agora se presenta a estas municipais?
A experiencia. Aprendín moito nestes anos. Formei parte dun goberno de coalición durante tres anos. Logo estiven na oposición a un goberno que decía ser de esquerdas durante un ano e agora levou dous na oposicón a un goberno de dereita. Toquei tódolos paus, excepto o que buscamos agora mesmo que é o de un goberno en maioría.

Gobernar é difícil?
E fácil. O difícil é facelo ben. O propio Concello ten as súas dinámicas internas que xa moven moitas cousas.
Tomar as decisións adecuadas para os intereses dos veciños xa non é tan doado.

Gobernar en coalición tamén é fácil?
Si, pero hai que querer. Cando se antepoñen os intereses dun partido aos da coalición, cando non se cumplen os acordos,  entón é cando o pacto non funciona. É unha cuestión de decisión política.
É o sentido común o que determina os posicionamentos.

EU fixo case máis oposición a AMeca que ao PP, por que?
Sempre tivemos unha sensibilidade polos cuestións sociais moi grande. A concelleira de AMeca levaba estas áreas por iso nos centramos no traballo da señora Filgueira. Pero nós facemos responsable ao señor Pérez do que ela non fixo.

Fixoo mal?
Rotundamente si.

Compiten polo mesmo nicho de votos?
Ainda que a señora Filgueira ven dun ámbito de esquerda, a súa evolución levouna ao espectro político da dereita. E ela aprendeu moito do PP nestes anos. Agora está a facer unha política clientelar e intentará vender favores para conseguir votos.
Os nosos votantes son xente crítica, analítica e que valora os programas. Non competimos con ninguén.
A mobilización anti PXOM animou o final da lexislatura...
Ó señor Pérez hai que recoñecerlle que foi capaz de unir aos veciños de O Grove. E estámoslle moi agradecidos. A mobilización favoreu sobre todo aos veciños do Grove, que lle abriu os ollos e viron que eles teñen nas súas mans o futuro do noso pobo. Senón chega a ser por eles o PXOM non se tería parado.

Non se podería facer dende o salón de plenos?
De ningunha maneira. Se os veciños non se chegan a mover hoxe teríamos aprobado o PXOM do PP e os seus socios. E a responsabilidade absoluta sería dos que, gobernando, lle deron á dereita a opción de presentar ese documento.

Está a decir que non era logo unha prioridade no cuatripartito?
Estaba no pacto pero nós fumonos porque non había interese algún en facelo. A responsabilidade política da situación urbanística do Grove está en mans do PSOE.

Era complexo facer un PXOM?
O señor Cacabelos limitouse a dar uns plazos para iniciar os traballos que logo incumpliu sistemáticamente. O que tiña era medo a que lle pasara o mesmo que lle ocurrira a Pérez no seu primeiro intento e que lle volveu pasar agora.

E EU non teme facer un PXOM?
Con información, transparencia e diálogo social non debería haber ningún problema para sacar adiante un PXOM de mínimos. Esquerda Unida participou dende 1979 en catro gobernos de coalición e sempre tivemos como prioridade redactar este documento. Foron os distintos socios de goberno os que dilataron o tema.

Que é un PXOM de mínimos?
Hai edificacións que son legalizables e que están consolidadas. Hai que sacar de limbo xurídico a moitos veciños e empresas, dándolle a cobertura que necesitan. Pero nós non imos amparar ningunha ilegalidade urbanística. O que decimos é que hai que recoñecer o que xa está construido.

O Cicri é tan malo?
É un engano. O PP, AMeca e PGD estiverono defendendoo ata o último momento como un auditorio pero só aparece unha sala polivalente.
O Plan Especial de Portos é outro  engano xa que é un documento que non da solucións aos usuarios e convirte en edificables algunhas parcelas.

O auditorio é unha prioridade para EU?
Claro. Temos unha eiva importante en infraestruturas culturais e o auditorio reclámase dende hai anos. Terá que ter tamén  unha sala de exposicións para que os artistas poidan dar a coñecer a súa obra. En canto á ubicación existen varias posibilidades de terreos: no Monte das Flores; detrás da casa de don Jacobo e mesmo no Monte da Vila a través dun convenio cunha asociación que ten alí unha parcela.

Esquerda Unida ten xa definida a súa política de pactos?
Convencer ao maior número posible de veciños para que confíen en nós e no que estaremos centrados no que queda de campaña. Non somos adiviños, haberá que esperar ao resultado das urnas.

Sería positivo un goberno en minoría?
Xa o plantexamos varias veces, a última hai catro anos. Ao final chegouse a outro acordo que garantizaba unha maioría, pero pensamos que sería algo bastante sano para o noso concello que o goberno tivera necesidade de chegar a acordos co resto dos partidos da oposición.

A experiencia do cuatripartito deixa a porta aberta a un novo acordo co PSOE?
É difícil volver a pactar con quen non cumple o que promete. n

O Grove - “O que pasou co PXOM é responsabilidade de quen lle deixou ao PP a opción de facelo”

Te puede interesar