A ILLA-“Camelle” deixa o seu segundo fogar para volver ao Gran Sol

A ILLA-“Camelle” deixa o seu segundo fogar para volver ao Gran Sol
Diario de Arousa-2016-05-17-011-bad7de70_1

“Camelle” era o hóspede máis famoso do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) de A Illa, ata onte, día en que o despediron da que era a súa segunda casa, para o seu regreso a augas do Gran Sol. O pequeno lobo de mar foi recuperado das súas feridas e enfermidades nunha iniciativa impulsada polo Cemma (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) tras 85 días de tratamento, gran parte dos cales se fixeron no centro isleño, logo de varar en mal estado en Camariñas en febreiro. 
Foron meses de moitas atencións e coidados, por iso onte, recuperado e listo para a súa partida, os sentimentos dos coidadores eran enfrentados, entre a satisfacción do traballo ben feito e o obxectivo cumprido, pero tamén coa mágoa por perder a este compañeiro que soubo gañarse o afecto de todos. O lobo de mar foi levado a Marín, para embarcar no arrastreiro Ferreira Martínez, con destino ao Gran Sol, onde o soltarán, estiman, nun dous días. Tal vez algún día volva de visita, pero ata entón, boa viaxe!

A ILLA-“Camelle” deixa o seu segundo fogar para volver ao Gran Sol

Te puede interesar