A Illa culmina a reforma da Escola de Pau tras unha inversión duns 100.000 euros

A Illa culmina a reforma da Escola de Pau tras unha inversión duns 100.000 euros
O antigo colexio e sede municipal presenta novos acabados | gonzalo salgado

O Concello de A Illa deu onte por rematada a obra de restauración, posta a punto e remodelación da Escola de Pau no Naval. O edificio, que funcionou como colexio e como sede do novo Concello tras a Segregación de Vilanova, presenta xa novos acabados exteriores e gozou dunha reforma interior que supuxo unha inversión duns 82.046 euros. Estes foron aportados, na súa maior parte, pola Deputación de Pontevedra, quedando 4.700 euros que achegou directamente o Concello, con fondos propios.

A maiores, o concelleiro de Obras e Servizos, Alfonso Salgado, indicaba onte que tamén se instalou unha caldeira de enerxía xeotérmica, “apostando pola diminución da contaminación e uso de enerxías renovables”. Este novo dispositivo foi colocado cunha inversión repartida entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), que achegou 16.000 euros, e o Concello, que puxo 9.000 para esta actuación.

“As obras eran moi necesarias dado o deterioro que presentaba o inmoble, xa que é unha construcción cun século de vida”, explicaba o edil. “Foi feita en 1918, prestando servizo como escola ata a primeira sede do estreado Concello de A Illa de Arousa en 1997”, engadía.

Actualmente, as súas dependencias son empregadas principalmente por diferentes seccións da Asociación Cultural Dorna, que utiliza así o inmoble como sede para as súas oficinas.

A inauguración desta reforma será hoxe, a partires das 10:30 horas, un acto incluido no programa das Letras Galegas deste ano. A continuación, habrá pasarrúas cara O Xufre, donde haberá baile tradicional, recital literario e poético, concertos e bautizo dunha embarcación tradicional.

A Illa culmina a reforma da Escola de Pau tras unha inversión duns 100.000 euros

Te puede interesar