Letras con premio para Añoranza en Ribadumia e músicas de Galicia en Vilanova

Letras con premio para Añoranza en Ribadumia e músicas de Galicia en Vilanova
Un momento da gala celebrada no serán de onte no auditorio municipal Santa Baia | gonzalo salgado

O mal tempo non impediu onte a celebración de boa parte dos actos previstos en O Salnés co gallo das Letras Galegas. Si terminou de pospoñer algúns, como o inicio da tempada de navegación tradicional en A Illa, que muda para o sábado, ou a festa da bicicleta de Ribadumia, que cambia para o 26 de xuño.

Con todo, os concellos adaptáronse para manter outros actos, como o “Biblio Canta” que, de man do programa autonómico “Ler Conta Moito”, celebrou onte Vilanova. Non no exterior da biblioteca Irmáns Camba, onde estaba inicialmente previsto, pero si a cuberto na recuperada igrexa de A Pastoriza, templo que acolleu así un evento no que soaron músicas de Galicia.

En Ribadumia houbo actividade todo o día: Pola mañá, deportiva co Torneo Letras Galegas do Umia, e, no serán, coa cita central, a gala “Ribadumienses en Prol do Galego”. Este ano, a Corporación municipal decidiu premiar á asociación cultural Añoranza, pola súa promoción “do uso do galego tanto nas súas actuacións como noutras actividades e promocións de actos”, destacaron desde a entidade local. O dúo de Meis “As Lembranzas” puxo o colofón musical á cita, con músicas do seu disco “Galega”.

Outros actos programados foron os de Meaño, con concerto das Letras Galegas “Música sen Fronteiras”, dos nenos da Escola de Música; a entrega de agasallos do concurso de murais, debuxos e relatos e a actuación da asociación cultural Penaguda, no centro social de Dena.

Meis tamén abreu o prazo para presentar traballos no II Concurso de Poemas Letras Galegas, ata o día 27. 

Letras con premio para Añoranza en Ribadumia e músicas de Galicia en Vilanova

Te puede interesar