sábado 22.02.2020

Maridaxe de viño e literatura da man de Pedro Feijóo en Padriñán

A Adega Eidos, en Padriñán, é o lugar elixido para a presentación en Sanxenxo da última novela de Pedro Feijoo, “A memoria da choiva”, que leva colleitado xa un importante éxito de ventas.

Pedro Feijoo estará mañá na Adega Eidos presentando o seu libro
Pedro Feijoo estará mañá na Adega Eidos presentando o seu libro

A Adega Eidos, en Padriñán, é o lugar elixido para a presentación en Sanxenxo da última novela de Pedro Feijoo, “A memoria da choiva”, que leva colleitado xa un importante éxito de ventas.
O acto, organizado pola Adega en colaboración coa Librería Nós e Xerais, contará cunha visita guiada á adega e cunha degustación de viños e pinchos.
A partir das 21.30 horas Pedro Feijoo compartirá un anaco cos moitos seguidores que xa ten en Sanxenxo e que contribuíron a que a súa primera obra “Os fillos do mar”, estea xa na súa sétima edición.
O escritor vigués aínda non acaba de crer a gran acollida que o seu traballo tivo entre os lectores galegos e confía en non defraudar aos seus seguidores con este novo traballo, escrito coa mesma linguaxe literaria, directa, clara e sinxela pero radicalmente diferente no contido.
“A memoria da choiva” é unha homenaxe a Rosalía de Castro, poeta que engaiolou xa ao autor nos seus tempos de estudante de Filoloxía, e que agora plasma nunha novela chea de acción, de intriga, de realismo e incluso de certa crueldade descrita de forma moi plástica e marcada por unha detallada descripción de cada unha das esceas nas que se produce.
Os poemas de Rosalía de Castro, algúns deles inéditos, serven de fío condutor a unha trama na que un xornalista de investigación acaba por descubrir a trama de un asesinato.
Pedro Feijoo é capaz de manter o interese do lector ata a última páxina, e nese estilo inflúe o feito de que o autor non é un escritor ao uso, senón que nel inflúen músicos, cineastas e outros artistas e tamén escritores da súa xeración.

Comentarios