MEAÑO - Detidos por roubar unha caixa forte a través do tellado dunha panadería

MEAÑO - Detidos por roubar unha caixa forte a través do tellado dunha panadería
17 marzo 2012. Cambados. Los arousanos detenidos por formar parte de una red que distribu�a coca�na desde Galicia a Andaluc�a prestaron declaraci�n en el Juzgado de Cambados. Se trata del vilagarciano A.C.C., de unos 55 a�os de edad, del hist�

A Garda Civil detivo a dous homes aos que considera supostos autores dun roubo con forza nunha panadería do termo municipal de Meaño.
Trátase de dous homes de nacionalidade rumana e de iniciais I.B.G. e I.B., un deles, ademais, antigo traballador asalariado do negocio asaltado, do que se levaron unha caixa forte e diñeiro en metálico por valor de máis de 7.500 euros. 
O Instituto Armado iniciou a investigación tras ter coñecemento dunha denuncia sobre o roubo no local, o pasado 21 de abril. Os asaltantes accederan ao interior do edificio a través dunha fiestra na cuberta, tras forzala. Unha vez dentro, esnaquizaron as portas do inmoble e lograron sacar fóra a caixa forte, que contiña uns 5.000 euros. A maiores localizaron máis cartos no interior das oficinas, que tamén levaron.
Os asaltantes levaban cubertas as cabezas con pasamontañas, para dificultar a súa identificación. Pero os axentes lograron finalmente detelos, constatando que ambos tiñan antecedentes. Do caso deberán responder agora no Xulgado de Instrucción número 3 de Cambados, cando sexan requeridos. n

MEAÑO - Detidos por roubar unha caixa forte a través do tellado dunha panadería

Te puede interesar