Meis celebrará As Letras co VI Festival de O Trevo e Meaño enche o mes de citas culturais

Meis celebrará As Letras co VI Festival de O Trevo e Meaño enche o mes de citas culturais
A Banda da Vertula está en cartel | d. a.

Meis celebrará este xoves 17 a VI Xuntanza das Letras Galegas, un festival musical promovido pola Agrupación Folclórica O Trevo que subirá ao escenario do Campo da Feira ata a seis formacións. Pola súa banda, o Concello de Meaño enche maio cun almanaque de citas culturais con motivo do programa “Mes das Letras”. 
Na vila meisina, a cita anunciada dará comezo ás 12, con actuacións da Banda da Vertula de Meis, a Coral Belle Helenes de Pontevedra e as Cantareiras Madia Leva. A continuación farase una comida con churrasco, empanada, pan e viño ou auga, ademáis de queimada, por dez euros, con inscripción no 619 300 457. 

Haberá discoteca móvil acompañando a mesa e, tras o banquete, actuarán os Borrateiros de Vilaboa, as Pandereteiras A Carballeira de San Clemente e a Agrupación Folclórica de O Trevo. Durante a xornada, ademáis, haberá mostra de palilleiras.
O ciclo cultural meañés comezou o pasado día 6 con “Iriña Bailarina” e seguiu estes días con “Mar Adiante” e “O Soño dos Contos”. Por diante quedan aínda xornadas de espectáculos, sobre todo centrados nos máis cativos. Así, hoxe martes será turno de “Contos Pop-up”, con Fátima Fernández, na Escola Infantil. Mañá mércores, serán os alumnos do IES de Meaño os que reciban o espectáculo “Alborada”, de Xoré Teatro. O xoves, desde as 18:30 no centro social de Dena, actuará a Agrupación Folclórica Penaguda, alumnos da Escola de Música e o show de ilusionismo de Martín Camiña, con “Ilusións por e para María Victoria Moreno”. Finalmente, o luns 21, las 19 horas na casa de cultura, será turno de “María Victoria Moreno, unha historia para amar”, a cargo de animación Polo Correo do Vento.

Meis celebrará As Letras co VI Festival de O Trevo e Meaño enche o mes de citas culturais

Te puede interesar