Música e poesía online para celebrar o Día das Letras Galegas en O Salnés

Música e poesía online para celebrar o Día das Letras Galegas en O Salnés
Ricardo Carvalho Caleiro, homenaxeado no Dïa das Letras 2021 | XUNTA

As tradicionais celebracións polo Día das Letras Galegas, con lecturas públicas, música e ofrendas, quedan este ano ensombrecidas pola crisis da Covid-19 que obriga a mudar os actos dando un salto a internet.

Vilagarcía comezou a súa programación por internet, coa sesión “A noite das músicas galegas”a cargo de La Duendeneta e ao mediodía de hoxe,a Banda de Música municipal interpreta o himno galego. Ademaís, ás 19:00 horas, os concellos da comarca ofrecerán nas súas redes sociais o concerto online do grupo musical “Onte e Hoxe”, cuxo repertorio inclúe cancións en galego dos anos 60 e 70 ata a actualidade e tamén interven Francisco Fernández Rei, membro da Real Academia Galega, falando da figura de Ricardo Carvalho Calero, e Mariña Area, estudante de Filoloxía Galega na USC, para recitar poemas do homenaxeado.

En Cambados, as limitacións impostas polo Estado de Alarma non impiden que o goberno local realice hoxe a ofrenda floral ante o monumento de Ramón Cabanillas no Paseo da Calzada, e a lectura de poemas de Carvalho, un acto emitido a través de internet para que os veciños poidan velo dende as súas casas.

O Concello de Ribadumia convoca un concurso de poesía en galego e de temática vinculada á lingua galega cun máximo de 16 versos, para as categorías de infantil ata 12 anos, xuvenil ata 18 anos, ou adulta. O prazo de presentación remata o 31 de maio e farase a través de envío mediante correo electrónico a dirección cultura@ribadumia.org. Os participantes poderán gañar en cada categoría un vale por valor de 50 euros para empregar no comercio local. Nesta ocasión o concello viuse na obriga de suspender a gala-homenaxe “Ribadumienses en prol do galego” que se viña celebrando cada ano neste para render tributo a unha ou varias persoas de Ribadumia pola súa labor de difusión do galego.

Tamén Meaño convoca o seu I Concurso de Poemas Letras Galegas de temática libre e coas categorías de Infantil ata os 14 anos e Xuvenil/Adultos. As obras poden presentarse ata o 25 de maio no correo: cultura@meis.gal ou no teléfono 639203372. Todos os poemas publicaranse no Facebook do Concello e o día 29 de maio, logo da deliberación do xurado, anunciaranse os poemas gañadores, que recibirán un vale de 50 euros para gastar nunha libraría do municipio. Ademáis, a Escola de Música Municipal estrea enredes un documental con lembranzas das Letras Galegas e no que repasan os últimos anos de este día, cunha canción composta e instrumentada por dúas mestras.

En O Grove o Concello quere manter a dinámica de animación á lectura con actividades a través das redes sociais. Os veciños poderán desfrutar dun vídeo conmemorativo das Letras Galegas no que se ofrece unha explicación da conmemoración deste ano ademáis de contar coa lectura de poemas de Rosalía de Castro a cargo do persoal e usuarios da Rede de Bibliotecas. A través das redes sociais tamén estará dispoñible o poemario “O tempo voa” de Joao Pedro Méssder e Gémeo Luis e o contacontos “Un segredo do bosque” de Javier Sobrino e Elena Odriozola.

Música e poesía online para celebrar o Día das Letras Galegas en O Salnés

Te puede interesar