“A novela nace dun discreto e curioso encontro real co último guerrilleiro antifranquista vivo”

“A novela nace dun discreto e curioso encontro real co último guerrilleiro antifranquista vivo”
O lucense Lionel Rexes gañou o último Premio Lueiro Rey

O escritor Lionel Rexes Martínez (París, 1971) compaxina a súa vida laboral –entre o turismo e o ensino– coa creación literaria, nun intento por converter a súa paixón polas letras galegas e o contar historias nun camiño profesional, e non fai máis que colleitar éxitos. Ten no seu haber seis premios literarios polos seus relatos e publicou o estudo paremiolóxico “Ditos e refrás do Valadouro”. Pero ademais, a súa novela curta “A raíña das velutinas” foi galardoada na súa primeira incursión no mundo dos certámenes, logrando o XXIII Premio Manuel Lueiro Rey do Concello do Grove; algo que para este diplomado en Maxisterio e amante da súas orixes –reside en Alfoz (Lugo)– marca “un antes e un despois”. O motivo: que ademais de 3.000 euros en metálico, o premio inclúe a súa publicación.

Que narra a novela “A raíña das velutinas”?
A novela naceu dun encontro real co último guerrilleiro antifranquista vivo, Francisco Martínez Quico, do Bierzo, nunha casa de turismo rural de Mondoñedo, e ao que asistimos un grupo de convidados de xeito personal e que non trascendeu aos medios de comunicación. Aquel ambiente de discreción xa me pareceu moi novelesco. Entre outras cousas, fixemos desprazamentos por lugares emblemáticos vinculados aos guerrilleiros antifranquistas como unha casa que na cociña tiña un agocho onde pasaban a noite algúns deles, como Luis Trigo Chaos, coñecido como “O Gardarríos”. Tamén estivemos en Vilanova de Lourenzá, onde caeu asasinado, e no xantar pasoume algo curioso. A súa neta, Fernanda Cedrón, se me achegou e díxome en baixiño que entre nós había un garda civil e a ver se nos enterabamos e aí pensei: Aquí o que hai é unha novela.

O xurado destacou a brillante labor de documentación do libro, así que logo viría o traballo duro, non?
Saiu en pouco tempo. Nesta experiencia, nos desprazamentos, me acompañei de xente que coñecía ben a zona e fun recollendo anacos de historia –non só da guerra civil– facendo así unha labor previa de documentación cando nin sequera tiña previsto escribir nada. Logo completeino buscando nas redes e en enciclopedias.

Ten no seu haber un bo número de premios, que supón este recoñecemento do Grove?
Marca un antes e un despois porque xa tiven seis premios que valorei moitísimo, pero eran de relato curto e, loxicamente, teñen un percorrido diferente en canto a que non hai publicación. Levaba meses preparando varias novelas e vin que as bases do XXIII Premio Manuel Lueiro Rey se adaptaban moi ben e enviei “A raíña das velutinas”. Decidín vincularme a este xénero porque ten posibilidades de publicación.

Que fai un parisino de nacemento estudando refráns do Valadouro (Lugo)?
Nacín alí como moitos galegos de pais emigrantes. Nacín e vivín en París ata os tres anos como podía ter nacido noutro lugar. A miña cidade de referencia é Madrid. Alí vivín ata os 23 anos, estudiei e teño moitas vivencias. Toda a vivencia da emigración marcoume positivamente.Os meus relatos están moi vinculados ao tema.

Pódenos contar en que traballa agora mesmo a mente literaria de Rexes?
Escribo practicamente dende que era un neno, pero dende hai cinco ou seis anos fágoo disciplinadamente, tratando de profesionalizarme. n

“A novela nace dun discreto e curioso encontro real co último guerrilleiro antifranquista vivo”

Te puede interesar