O GROVE-A Deputación adxudica 2.500 prazas nos campamentos

A Deputación de Pontevedra adxudicou onte as 2.500 prazas para participar nos campamentos de A Lanzada e Polideportivos organizados polo Centro Príncipe Felipe. A cobertura das prazas realizouse a través dun sorteo no que estivo presente a deputada provincial, Marta Iglesias xunto o secretario xeral do organismo, Carlos Cuadrado Romay.
O campamento de A Lanzada ofertou un total de 2.200 prazas distribuídas en once quendas comprendidas entre o 23 de xuño e o 7 de setembro, e cun custo de 68 euros por persoa, para un total de 3.915 admitidos a concurso. No caso do campamento polideportivo, a oferta é de 300 prazas distribuídas en 6 turnos de 50 menores cun custo de 125 euros, e pola que optaron 447 nenos e nenas.
O sorteo realizouse por quendas, e para o seu procedemento se destinaron 100 prazas a nenos e outras 100 para nenas,  dando prioridade ós participantes que non asistiron ó campamento na campaña de verán do ano pasado, e seguindo as bases da convocatoria. No caso de renuncia, a praza vacante ofreceráselles ós solicitantes que figuren nas listas de espera xa dispoñibles na Web, tendo en conta que a baixa dun neno cubrirase con outro neno e a baixa dunha nena cubrirase con outra nena.
Con esta iniciativa de acollida excepcional, a Deputación de Pontevedra pon en marcha un proxecto lúdico e educativo que inclúe unha programación con actividades encamiñadas a lograr un desenvolvemento persoal e social que favoreza á vez a comunicación e o dinamismo multicultural dos menores participantes.

O GROVE-A Deputación adxudica 2.500 prazas nos campamentos

Te puede interesar