O GROVE-Onyvá Gastronomic retoma os seus showrooms no Pub Náutico de O Grove

O pub Náutico de A Barrosa acollerá o vindeiro día 8 de xuño o Showroom Onywá. Trátase do segundo evento deste tipo convocado pola firma gastronómica, despois do exitoso showroom celebrado o pasado mes de decembro en Santiago.
 Naquela ocasión, reuniron a un total de 14 emprendedores que espuxeron ao público as súas obras e creacións, entre outros o dibuxante Gogue. Ademáis, Onyvá Gastronomic ofreceu un “brunch” e un “after work” da man do prestixioso cociñeiro ourensán Álvaro Villasante, pertencente ao grupo de restauradores Nove, e organizou talleres para que os pequenos aprendan a elaborar unha merenda divertida á par que sana.
O prazo para apuntarse na actividade que terá lugar no Náutico remata o martes día 21. Buscan xente que teña algo que ofrecer: ilustradores, fotógrafos, diseñadores de moda ou complementos, restauradores de mobles, e tamén donos de pequenos negocios, entre outros.  Os participantes poderán disfrutar de ofertas hoteleiras en caso de ter que desplazarse, así como promoción nas redes sociais de Onyvá Gastronomic antes, durante e despois do evento.
Os organizadores animan a todo o mundo a participar e a visitar o showroom.

O GROVE-Onyvá Gastronomic retoma os seus showrooms no Pub Náutico de O Grove

Te puede interesar