O SALNÉS-Os actos das Letras na comarca comezan hoxe en Vilanova

O SALNÉS-Os actos das Letras na comarca comezan hoxe en Vilanova
en a illa volverán a botarse os barcos de dorna e.moldes

Os actos de celebración das Letras Galegas arrancarán hoxe na comarca cos programados polo Concello de Vilanova. Será na casa de cultura de O Esteiro, a partires das 17:30 horas coa sesión de contacontos “O Dragón Comemedo”, a cargo do ilustrador e creador Antón Romero Ces. A actividade completarase cunha proxección de imaxes de ilustracións súas.
Concluida esta proposta, o autor impartirá uns obradoiros de debuxo para que os rapaces asistentes poidan perfeccionar a súa técnica.
Dende o Concello de Vilanova animan a todas as familias a participar na cita.
Os actos das Letras Galegas continuarán xa no propio venres en O Salnés.
No Campo da Feira de O Mosteiro, Meis, a Agrupación Folclórica de O Trevo organizará a I Xuntanza das Letras, con actividades durante todo o día, xantar de confraternidade e o reparto de obras poéticas de Mario Gallego.
En Meaño, ao mediodía, a casa de cultura de Padrenda acollerá a homenaxe a Eugenio Padín, “O Cego de Padrenda”, un acto promovido polo Concello para recordar a súa figura, co descubremento dun relevo na súa honra.
En A Illa de Arousa, a partires das 11 da mañá, o entorno do porto de O Xufre e paseo de O Cantiño acollerá os actos centrais da Asociación Dorna e Concello.
Volverá a acostumada botadura das embarcacións tradicionais. A bordo dunha delas, o “Rei do Mar”, o actor e monologuista Carlos Blanco lerá o artigo que Roberto Vidal Bolaño, o homenaxeado das Letras deste ano, publicara no seu día na revista cultural de Dorna. Unha singladura marítima e música popular porán o broche ao evento.

O SALNÉS-Os actos das Letras na comarca comezan hoxe en Vilanova

Te puede interesar